Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
CONVOCADO UN NOVO OBRADOIRO DO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN EN TRANSICIÓN" SOBRE RECICLAXE DE PAPEL E PLÁSTICO
CONVOCADO UN NOVO OBRADOIRO DO PROGRAMA MUNICIPAL
A convocatoria, para a que non é preciso inscribirse previamente, terá lugar o 26 de febreiro na Praza da Gándara, tal e como avanzou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 22 de febreiro de 2020. O Concello organiza a través do programa municipal “Narón en Transición” un novo obradoiro sobre reciclaxe de papel e plástico que terá lugar o vindeiro mércores, día 26, na Praza da Gándara. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que se trata dunha nova proposta da feira temática “Precius Plastic”, que se dirixe a persoas de tódalas idades e que se levará a cabo de 16.00 a 18.30 horas na citada ubicación. Galego animou á veciñanza a asistir á convocatoria, para a que tal e como indicou non é preciso inscribirse previamente.
Baixo unha carpa instalarase todo o material preciso para desenvolver a actividade, que se ofrecerá de balde dende a organización ás persoas que acudan a esta convocatoria. Trátase, indicou o edil naronés de que as persoas que asistan tomen conciencia da crise do lixo, aprendan a pirámide do residuo, o significado da compostaxe, e tamén a reciclar follas de papel.
Galego incidiu na importancia de que a cidadanía se implique en actividades como as programadas a través da iniciativa “Narón en Transición” para contribuír a coidar o medio ambiente e reducir a produción de CO2, responsable do quencemento global.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal