Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS PARA VISITAR A EXPOSICIÓN "AS ZOCAS VIAXEIRAS. GALICIA NOS PÉS" NO CENTRO COMUNITARIO INTEGRADO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
ÚLTIMOS DÍAS PARA VISITAR A EXPOSICIÓN
A mostra con imaxes das zocas viaxeiras por diferentes localidades galegas, entre elas Narón, poderase ver ata o 28 de febreiro, tal e como explicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García
Narón, 22 de febreiro de 2020. As persoas interesadas en ver as imaxes que forman a exposición “As zocas viaxeiras. Galicia nos pés” dispoñen de prazo ata o vindeiro 28 deste mes para facelo nas instalacións do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. Así o indicou a edil de Benestar Social, Catalina García, que recentemente visitou a mostra e da que explicou que recolle as imaxes de percorridos realizados por Galicia e outras comunidades e entre as que se atopan algunhas de zonas do municipio naronés, como o muíño das Aceñas.
Tres afeccionados á fotografía de Narón, Mar Martul, Soraya Casal e Luis Velón son os promotores desta exposición, na que amosan instantáneas cun factor común, unhas zocas, que fotografían en ubicacións de diferentes localidades. “Trátase dun proxecto que comezou a súa andaina hai tres anos e no que a través das zocas podemos descubrir rincóns máxicos de Galicia coas fotografías que se poden ver na mostra”, asegurou García, que animou ás veciñas e veciños de Narón a achegarse ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros para ver esta exposición e tamén a visitar as redes sociais –Facebook e Instagram- para poder ver o traballo que realizan os autores das imaxes e os lugares que percorren as zocas viaxeiras.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal