Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A COMPARSA "A REVOLTA", DE FERROL, GAÑOU O PRIMEIRO PREMIO DO FESTIVAL CELEBRADO ONTE NA SOLAINA
A COMPARSA
As formacións "Os Trastos", de Valdoviño, e "Os Parrandolos", de Narón, obtiveron o segundo e terceiro premio, respectivamente, dos concedidos polo xurado do certame
Narón, 23 de febreiro de 2020. Os integrantes da comparsa "A Revolta", de Ferrol, obtiveron onte o primeiro premio do xurado do festival celebrado baixo unha gran carpa na pista polideportiva da Solaina. As formacións "Os Trastos", de Valdoviño", e "Os Parrandolos", de Narón, gañaron o segundo e terceiro premio, respectivamente, deste certame, que consistiu nunha figura conmemorativa en recordo do Entroido.
O festival participaron oito comparsas, cinco de Narón, "Os Argalleiros", "Viagem ao Povo Inuit, "Tróupele, Tróupele", "Os Parrandolos" e "Os Colludos" e tres doutros concellos "A Canteira", de Neda; "Os Trastos", de Valdoviño" e "A Revolta", de Ferrol, e deu comezo sobre ás 18.30 horas.
As comparsas chegaron á Solaina tras concentrarse ás 17.00 horas na Praza da Gándara, dende donde saíron en pasarrúas cara á pista polideportiva da Solaina. Alí presentou o festival, baixo unha carpa ateigada de xente, Inventi Teatro e amenizouno tamén co seu repertorio a banda Los Mecánicos.
A maiores dos premios concedidos ás comparsas, tamén se entregaron aos mellores disfraces, valorados polo mesmo xurado -integrado polo vicepresidente do Padroado da Cultura e responsable da área de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e por un representante de cada comparsa-. Os adultos premiados recibiron cestas con produtos do Entroido, se ben os nenos e nenas levaron libros e entradas para espectáculos no Pazo da Cultura.
A convocatoria rematou pasadas as 21.30 horas, coa entrega dos premios ás comparsas e unha nova actuación da comparsa gañadora, "A Revolta".



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal