Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUN CURSO DE "LIMPEZA INDUSTRIAL"
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUN CURSO DE
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que se ofertan un total de quince prazas para este curso, que se desenvolverá entre os meses de marzo e xuño
Narón, 25 de febreiro de 2020. O Concello convoca un curso de Limpeza industrial para o que abrirá mañá mércores o prazo de inscrición. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que se ofertan un total de quince prazas, dirixidas a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, que non deben ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación coincidente temporalmente nas datas de realización. As persoas interesadas en inscribirse deben facelo dende mañá ás 8.30 horas ata o 4 de marzo ás 13.30 horas, no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A duración total do curso é de 290 horas, das que 100 serán para realizar prácticas non profesionais en empresas. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá a convocatoria, entre o 11 de marzo e o 5 de xuño deste ano. As clases desenvolveranse de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas e as prácticas nas empresas no horario que determinen (cinco horas ao día).
As persoas que realicen o curso abordarán temas como a Análise do sector; Empresas, especialidades e ocupacións, Produtos de limpeza, Técnicas xerais de limpeza industrial, Maquinaria empregada na limpeza industrial, Normas de prevención de riscos laborais e ambientais, Normas de utilización e seguridade na manipulación de produtos tóxicos e Actuacións ante situacións de emerxencia. A maiores, acudirán a módulos transversais sobre a perspectiva de xénero, sobre a orientación laboral e busca de emprego e a sensibilización medioambiental.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal