Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE DEZ ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA PARTICIPARON NA "CATA A CEGAS" DO "CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO"
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recordou que os establecementos participantes no certame ofrecerán as tapas ata o vindeiro domingo, 1 de marzo
Narón, 26 de febreiro de 2020. O Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acolleu na tarde do pasado luns a cata a cegas do Concurso de Tapas de Entroido que se celebra estes días na cidade e no que participan vinte establecementos de hostalería local. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, acudiu á convocatoria, na que Manuel Costiña, do restaurnate Retiro da Costiña (A Coruña), cunha estrela Michelín e dous Soles Repsol e Rafa Centeno, do restaurante Maruja Limón (Vigo), tamén coas mesmas distincións, actuaron como xurado. Na convocatoria realizouse unha cata a cegas das tapas que presentaron ao Concurso de Tapas de Entroido un total de dez establecementos: A Roldana, Café Bar Ramil, Casa Sindo, Café Bar La Panadería, La Perfecta Cafetería, Mesón O Pío, Nuevo Mercado, El nuevo Tapeo, Silver 200 monjes e 3 Pés. A valoración do xurado darase a coñecer unha vez remate o concurso, tal e como indicou Pita. O edil naronés entregoulles aos dous integrantes do xurado un agasallo conmemorativo, unha creación exclusiva para este certame do escultor naronés Manuel Méndez. A maiores dos citados establecementos hostaleiros, as tapas poderán degustarse ata o vindeiro domingo, día 1 de marzo, na cervexaría Australian, a Estrela do Ponto, Gastrobar Piñeiros, La Cantina, La Continental, La Salmantina, Mamá Flora, Mestura, Nueva Orleáns e Os Cazadores. Nestes establecementos poderanse degustar diferentes elaboracións, doces ou salgadas, a base de produtos típicos do Entroido, nalgúns casos ao mediodía -12.00 a 14.00 horas- ou pola tarde -19.00 a 21.00- unicamente e noutros durante o mediodía e a tarde, según elixiron os hostaleiros, que tamén decidiron se ofrecer de balde as tapas ou cobrando un prezo máximo de tres euros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal