Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A ESTREA DA OBRA "A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI" E O ESPECTÁCULO INFANTIL "CONTACREQUES"
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A ESTREA DA OBRA
O venres e o sábado terá lugar a representación teatral e o domingo será o turno do público familiar e infantil
Narón, 27 de febreiro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá mañá e o sábado, ás 20.30 horas e 20.00 respectivamente, a estrea teatral da obra “A conquista da escola de Madhubai”, da compañía Teatro do Atlántico. Durante case unha hora e media o público terá a oportunidade de coñecer a historia de Sakundeba, unha bandida perseguida pola policía e o exército acusada de asasinar unha trintena de homes que a violaron tempo atrás e de asaltos a man armada. Ela chega á casa de Pandala, unha sabia anciá que a criou e na que confía e pídelle que a deixe quedar alí agochada durante uns días para poder meditar e tomar unha decisión que será trascendental na súa vida.
“A conquista da escola de Madhubai” constitúe un espello da sociedade na que se plantexa un debate sobre feitos de actualidade, como as “manadas” e outros temas como o dereito á educación, a rebeldía contra o maltrato, o concepto da liberdade e moitos outros. Os actores María Barcala, César Goldi e Sheyla Fariña forman o elenco desta obra. As entradas aínda disponibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura (www.padroadodecultura.es) a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados e tarifas reducidas.
A proposta dirixida a público familiar e infantil (a partir de 3 anos) desta semana terá lugar o domingo da man da compañía Eme2 Emoción&Arte, que traerá ao Pazo o espectáculo “Contacreques”. A cita será ás 18.00 horas e trátase dunha proposta de monicreques de creación propia da citada compañía, con textos de Ricardo Combi baseados nos contos clásicos: “O Reiseñor”, “Garvanciño” e “O zapateiro e os trasnos”.
“Contacreques” é unha proposta poética, divertida áxil e desenfadada que aborda a historia do canto dun paxaro que lle revela o goce de vivir a un emperador; as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de xigantes e a maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade. As entradas para ver este espectáculo poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 euros para menores de 14 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal