Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
REPRESENTANTES POLÍTICOS, SINDICAIS E DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS ACORDARON SOLICITAR ENTREVISTAS EN MADRID PARA ABORDAR SOLUCIÓNS DE FUTURO PARA AS COMARCAS
REPRESENTANTES POLÍTICOS, SINDICAIS E DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS ACORDARON SOLICITAR ENTREVISTAS EN MADRID PARA ABORDAR SOLUCIÓNS DE FUTURO PARA AS COMARCAS
O Concello acolleu hoxe unha xuntanza presidida pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e á que acudiron o alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad, a edil Ana Pena de As Pontes e os secretarios da CIG, CCOO e UGT, así como o presidente e outro integrante de Cofer
Narón, 28 de febreiro de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a reunión da coordinadora comarcal da que forma parte o Concello, xunto cos de Ferrol, As Pontes, As Somozas, San Sadurniño e Ortigueira e tamén os sindicatos CIG, CCOO e UGT e a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), para abordar diferentes actuacións que se levarán a cabo para continuar traballando a prol da potenciación e desenvolvemento socioeconómico das comarcas, fin para o que se constituíu o citado organismo. Na xuntanza celebrada esta mañá no Concello naronés –ás 12.00 horas- estiveron tamén presentes o alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad; a concelleira de Industria de As Pontes, Ana Pena; o presidente da Confederación de Empresarios, Cristóbal Dobarro e Roberto Hermida, integrante da citada entidade; e os secretarios da CIG, Manel Grandal; de UGT, José Antonio Díaz, e de CCOO, Santiago Díaz.
No transcurso da xuntanza os asistentes incidiron na necesidade de desenvolver o documento base aprobado nos concellos contra o esmorecemento das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, sumidas dende o ano 2008 nunha crise que na actualidade “ameaza gravemente este territorio, con consecuencias como a perda constante de poboación dende inicios dos anos 80”. O descenso no número de empresas, a falta de traballo no sector naval, o peche de actividade de Endesa e o futuro dos sectores metalúrxico e da madeira, así como o abandono das infraestruturas, son algúns dos temas para os que se esixen solucións.
Co obxectivo de abordar directamente estes asuntos co Goberno central acordouse solicitar entrevistas de xeito inmediato nos Ministerios de Transporte e Mobilidade, para analizar a situación das infraestruturas viarias e ferroviarias e o chan industrial das tres comarcas; de Facenda, para abordar un dos temas máis candentes, a modernización do asteleiro, e co Ministerio de Transición Ecolóxica, para tratar a situación de empresas vitais localizadas na comarca como Megasa (Narón), Intasa (San Sadurniño), e a actual situación de Endesa (As Pontes).
Ao remate da reunión os integrantes da Comisión realizaron un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación comarcal convocada en Ferrol o vindeiro 15 de marzo, con saída dende Porta Nova e chegada á Praza de Armas, para urxir a reindustrialización das comarcas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal