Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O COLEXIO VIRXE DO MAR ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "O XOGO CON APOSTAS"
A iniciativa enmárcase no programa "Fóra de xogo", impulsado a través da Concellería de Mocidade, que dirixe Pablo Mauriz e conta coa colaboración da área de Ensino, presidida pola edil Mercedes Taibo
Narón, 2 de marzo de 2020. A pedagoga Anabel Mosquera impartirá mañá unha charla sobre “O xogo con apostas” no colexio Virxe do Mar. A convocatoria será ás 17.30 horas e diríxese a familias de alumnas e alumnos dos centros Santiago Apóstol, A Gándara, Ayala, A Solaina e Virxe do Mar. A iniciativa enmárcase no programa municipal “Fóra de Xogo”, impulsado a través da Concellería de Mocidade, que dirixe o edil Pablo Mauriz, e conta coa colaboración da concellería de Ensino, presidida por Mercedes Taibo. A segunda convocatoria desta charla será o 10 de marzo no IES Terra de Trasancos, para alumnado dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos As familias que asistan á convocatoria recibirán información sobre os riscos de determinados tipos de conductas adictivas e como poder detectalas, para así evitar os riscos que supoñen, cada vez en idades máis temperás na sociedade actual. Así mesmo, terán a oportunidade de preguntar á profesional que impartirá a charla as cuestións que consideren oportunas sobre este tipo de condutas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal