Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PERÍODO PARA SOLICITAR PRAZA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E CENTROS DE ENSINO PARA MENORES QUE INICIAN A ETAPA ESCOLAR
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que as solicitudes de praza deben tramitarse ata o vindeiro 20 de marzo
Narón, 2 de marzo de 2020. Os centros de ensino da cidade, públicos e concertados, ofertan este ano un total de 359 prazas para nenas e nenos de 3 anos, que inician a súa etapa escolar (nados en 2017). A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que o período para solicitar praza rematará o 20 de marzo e incidiu en que tamén ata ese mesmo día se deben tramitar as solicitudes de praza nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), que ofertan un total de 48 vacantes (16 por cada un dos centros). As tramitacións para as prazas nas escolas infantís municipais deben realizarse no Concello, a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica do Concello, se ben as dos centros de ensino públicos e concertados da cidade deberán realizarse nos propios colexios, entregando unha única solicitude e a documentación pertinente nos centros que elixan como primeira opción, apuntou a edil naronesa. Nos centros públicos da cidade, das 359 prazas para menores a partir de 3 anos, ofértanse 50 nos da Gándara e A Solaina; 25 nos do Feal, Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxen do Mar, na escola de Domirón e na escola do Val e 9 na escola de Sedes, estas tres últimas do CRA de Narón. Así mesmo, no que respecta aos concertados, hai dispoñibles 50 prazas no Santiago Apóstol, 25 no Jorge Juan e outras 25 no Ayala. A edil naronesa recordou que a pasada semana se celebrou unha xornada informativa no Auditorio municipal coas direccións dos centros públicos e as familias e, así mesmo, indicou que o Concello dispón da páxina web: Buscocole.naron.es, en donde se ofrece información sobre os centros de referencia en función dos domicilios dos menores. No caso das escolas infantís municipais hai dispoñibles 48 prazas para menores de 0 a 1 ano nas da Solaina, A Gándara e Piñeiros, se ben esa cifra pode variar en función das xornadas que elixan os pais e nais. A escola infantil municipal da Gándara é a única na que se ofrece xornada de tarde (por ser a que rexistra un maior número de solicitudes). En canto ás reservas de praza para menores de 1 a 3 anos, na Solaina e en Piñeiros tramitáronse 40 en cada unha das EIM, polo que quedarían libres 26 prazas para cada centro; na Gándara reserváronse 49 prazas de 1 a 3 anos e quedan 17 vacantes para esa mesma franxa de idades, tal e como indicou Taibo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal