Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DÚAS SESIÓNS DE "CONTOS PARA BEBÉS" DO PROXECTO APEGO
As sesións terán lugar este venres, día 6, no Centro Cívico Social do Couto, tal e como avanzou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 3 de marzo de 2020. O Concello abriu o prazo de inscrición nunha nova actividade do proxecto Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. Menores de 0 a 3 anos e as súas familias son os destinatarios de “Contos para bebés”, a cargo de Pavís Pavós e que terá lugar o vindeiro venres, día 6, no Centro Cívico Social do Couto, tal e como avanzou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo. En total haberá dúas sesións de contos e cancións para bebés, a primeira delas a partir das 17.30 horas e a segunda ás 19.00, cunha duración aproximada de media hora. Os asistentes terán a oportunidade de escoitar varias historias da vida cotiá que se enlazarán con ditos e cancións da tradición oral, sendo un dos obxectivos recuperar e transmitir esa tradición entre a sociedade. As prazas están limitadas a un máximo de 25 menores, que deberán estar acompañados como mínimo dunha persoa adulta. As inscricións –ata o 6 de marzo- tramítanse a través da dirección: a.pita@naron.es, debendo facilitar no momento de realizala o nome da actividade, o do menor, o do seu pai/nai ou persoa que o acompañe, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por estrita orde de inscrición, tal e como recordou Taibo. O Concello de Narón organiza esta actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística, dependente da Concellaría de Ensino e Bibliotecas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal