Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA PARA ERRADICAR A PROLIFERACIÓN DE VERTEDOIROS INCONTROLADOS
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA PARA ERRADICAR A PROLIFERACIÓN DE VERTEDOIROS INCONTROLADOS
As concellerías de Seguridade Cidadá, presidida por Román Romero, e Medio Ambiente, á fronte da que está o edil Santiago Galego, traballan conxuntamente para solventar esta problemática
Narón, 4 de marzo de 2020. Axentes da Policía Local de Narón intensificarán os controis que habitualmente se realizan no termo municipal para erradicar a proliferación de vertedoiros incontrolados, localizados maioritariamente na zona rural. As concellerías de Seguridade Cidadá, presidida polo edil Román Romero, e Medio Ambiente, á fronte da que está o concelleiro Santiago Galego, anunciaron esta medida tras detectarse nas últimas semanas novos puntos ilegais donde se depositaron diferentes materiais e enseres, algúns dos cales xa se limparon e outros que se está procedendo a limpar.
O edil de Medio Ambiente recordou que dende o Concello se levaron a cabo recentemente varias campañas de sensibilización e concienciación cidadá sobre a importancia do coidado do medio ambiente e de fomentar a reciclaxe, nas que participou persoal técnico e abertas á cidadanía. Así mesmo, indicou Galego, “fixemos un traballo de mapeo para detectar puntos de vertedeiros incontrolados e posteriormente organizamos saídas para retirar e clasificar os residuos que se atoparon e levalos a un xestor autorizado".
Galego explicou que nos últimos vertedoiros incontrolados localizados en San Mateo e no Val atopáronse varias televisións, conxeladores, mobiliario, pezas metálicas de gran tamaño, entullos de obras e outros materiais. “Nalgún caso, ao agravante de depositalo nas inmediacións de pistas rurais, atopamos un caso no que os residuos estaban directamente nun regato, concretamente no Vespasante, tupindo a canalización que discurría baixo a propia pista, co risco que isto supón a nivel medioambiental e de seguridade”, recalcou Galego.
A ordenanza en vigor no Concello contempla sancións de ata 3.000 euros para os casos calificados como “moi graves”, que valora a Policía de Medio Ambiente, pero aqueles que se tramiten a través da lei autonómica de residuos, os expedientes remítense á Xunta de Galicia –ao non ser competencia municipal- e as sancións poden superar os 30.000 euros.
“Facemos un chamamento á veciñanza para que estea alerta ante este tipo de condutas incívicas e que no caso de presencialas as denuncie pertinentemente para poder actuar e sancionar aos infractores”, apuntou Galego. Sobre os últimos vertidos localizados na zona rural o edil asegurou que “estanse investigando polas características particulares de cada un deles”.
Os edís naroneses recordaron que o Concello ten a disposición da veciñanza as instalacións do Punto Limpo municipal de Río do Pozo (operativo de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00) e tamén Servizo de recollida de enseres, co que se pode concertar a recollida chamando ao número de teléfono: 981 391 074.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal