Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE MEDIO CENTO DE ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DA CIDADE ASISTIRON Á CHARLA INFORMATIVA SOBRE LIÑAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A convocatoria desenvolveuse no Pazo da Cultura, donde a edil de Benestar Social, Catalina García, estivo acompañada pola deputada provincial Ana Lamas e persoal técnico da Deputación
Narón, 6 de marzo de 2020. A edil de Benestar Social, Catalina García, valorou a xuntanza que o pasado martes se convocou no Pazo da Cultura para que técnicos da Deputación da Coruña explicasen as liñas de subvención abertas pola citada administración e dirixidas a diferentes entidades e asociacións. García, que presentou e moderou as intervencións, explicou que “preto de medio cento de asociacións culturais, deportivas, veciñais, sociosanitarias e de servizos sociais acudiron á convocatoria na que recibiron información sobre as subvencións e tamén tiveron a oportunidade de solventar dúbidas e plantexar posibles melloras na tramitación das mesmas ou á hora de xustificalas”. A concelleira naronesa agradeceu a colaboración dos técnicos da administración provincial desprazados á cidade con motivo desta convocatoria e tamén o feito de que “tomasen nota dalgunhas deficiencias que se plantexaron na xuntanza á hora de tramitar este tipo de subvencións, comprometéndose a implementar melloras na plataforma a través da que se xestionan”. Así mesmo, García tamén destacou “a celeridade coa que a deputada Ana Lamas atendeu a petición para poder celebrar esta xuntanza coas entidades de Narón e o seu compromiso de convocar na cidade unhas xornadas formativas sobre as subvencións da Deputación o vindeiro ano”. Finalmente a concelleira de Benestar Social agradeceu a resposta de todas as persoas que acudiron á xuntanza celebrada no Pazo e recordou que as persoas interesadas en acceder a estas subvencións poden consultar a web da Deputación da Coruña, no enlace: https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/publica/infoconvocatorias?ejercicio=2020.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal