Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE IGUALDADE, DIRIXIDO A POLÍTICOS E PERSOAL DO CONCELLO
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE IGUALDADE, DIRIXIDO A POLÍTICOS E PERSOAL DO CONCELLO
Máis de 30 persoas asistiron ós seminarios, incluidos no I Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón
Narón, 3 de Abril de 2009.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada, entregou hoxe os diplomas ós asistentes ó Curso de Igualdade, enmarcado no I Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón (PIM) e dirixido a persoal municipal. A aplicación do PIM esixe que os axentes encargados de desenvolvelo estean sensibilizados en materia de igualdade, pero tamén é necesario dispoñer de habilidades e ferramentas de traballo para unha incorporación progresiva das políticas de Igualdade.

Baixo esta premisa, celebrouse o Curso de Igualdade en varios horarios co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Houbo unha primeira quenda dirixida a políticos/as, membros da Unidade de Xénero (formada por concelleiros e un representante de cada departamento do Concello) e persoal laboral municipal que se desenvolveu en tres turnos cunha duración de 10 horas. As datas nas que se celebrou foron do 23 ó 27 de febreiro, do 4 ó 10 de marzo, e do 11 ó 17 de marzo. Haberá un último turno, á volta de Semana Santa, que estará dirixido ó personal de atención ó público.

Na entrega de diplomas, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, felicitou ás 33 persoas que acadaron o certificado e apuntou que “o tema da igualdade está ligado á administración e os primeiros en ter esa sensibilidade debemos ser as persoas que temos contacto directo cos cidadáns”, dixo.

Os contidos informativos deste Curso de Igualdade foron distintos dependendo dos grupos que asistiron, quedando do seguinte xeito:

Personal da Unidade de Xénero:

-A Igualdade na normativa vixente.
-A Igualdade nos orzamentos locais.
-A transversalidade na Igualdade.
-Execución e materialización das políticas de Igualdade.
-Instrumentos: o programa e os proxectos. As accións e medidas.
-Ambitos preferentes da actuación.
-A avaliación de resultados dos programas.


Concelleiros e personal laboral:

-Normativa en materia de Igualdade.
-Concepto de Igualdade nos organismos públicos.
-Organos e instrumentos de execución material de programas: a Unidade de Xénero.
-Funcións, estatus e rol da Unidade de Xénero.
-Protocolización en metodoloxía para unha acción eficiente do empoderamento.
-A avaliación dos resultados.
-Análise dun caso práctico.
-Proposta dos asistentes ó curso.

Personal de atención ó público (curso aínda por celebrar):

-A Igualdade na normativa vixente.
-Presenza da muller na organización municipal.
-Transversalidade das actuacións en materia de igualdade.
-Empoderamento positivo para construir unha administración máis equitativa e eficiente.
-Cómo aplicar no traballo cotián as medidas en materia de igualdade.
-Análise de postos significativos de organización e aplicación da normativa en igualdade.
-A promoción da muller na administración pública.
-Cómo concretar o manexo dos recursos de políticas activas de igualdade (conciliación, incorporación laboral, promoción, prestacións, etc.)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal