Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A EMPRESA COSMA RENOVOU PRETO DE 200 METROS DA REDE DE ABASTECEMENTO EN TRES VIAIS DA CIDADE
A EMPRESA COSMA RENOVOU PRETO DE 200 METROS DA REDE DE ABASTECEMENTO EN TRES VIAIS DA CIDADE
O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que os traballos se acometeron nas rúas Tui, no Alto, e Río Pereiro e Río Inxerto, en Xuvia
Narón, 6 de marzo de 2020. A empresa mixta Cosma, que xestiona os servizos de subministración de auga potable e mantemento da rede de saneamento na cidade, acometeu o pasado mes de febreiro obras de renovación da rede de abastecemento na rúa Tui, no Alto. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que se trata dunha intervención “que se proxectou en determinadas rúas da cidade que presentaban riscos de roturas frecuentes, que tiñan canalización de fibrocemento e que agora se cambian por outras para evitar esas posibles roturas”. O edil explicou que na rúa Tui se procedeu a renovar uns oitenta metros da rede.
Así mesmo, Santalla indicou que “tamén se levou a cabo a renovación das rede de abastecemento nas rúas Río Pereiro e Río Inxerto, ambas en Xuvia e donde esta mesma semana remataron os traballos previstos e proxectados debido á existencia de tubaría de fibrocemento, que ten maior risco de rotura”. O concelleiro explicou que “con estas actuacións queremos limitar as posibles molestias e inconvintes que se xeneran ás veciñas e veciños da cidade cando se produce unha rotura na rede, debido a que para reparalas nos obriga a cortar o subministro de auga durante o tempo no que se executan as obras”.
O edil subliñou que “en total, cos traballos proxectados nestas tres rúas do termo municipal renovamos uns douscentos metros da rede de abastecemento e nos vindeiros meses continuaremos traballando para que naqueles casos nos que se detecte risco de roturas repetitivas, proceder a renovar tamén a rede”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal