Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A EMPRESA UFD GRUPO NATURGY ANUNCIA INTERRUPCIÓNS NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO QUE AFECTARÁN A VARIAS RÚAS DA CIDADE O VINDEIRO LUNS
A EMPRESA UFD GRUPO NATURGY ANUNCIA INTERRUPCIÓNS NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO QUE AFECTARÁN A VARIAS RÚAS DA CIDADE O VINDEIRO LUNS
A empresa realizará tarefas de mantemento da rede eléctrica que poden provocar interrupcións do subministro entre as 10.00 e as 12.00 horas, tal e como indicaron
Narón, 6 de marzo de 2020. A compañía eléctrica UFD Grupo Naturgy procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico o vindeiro luns, día 9, entre as 10.00 e as 12.00 horas en varias rúas da cidade. Así o indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que indicou que a medida responde ao feito de que a empresa levará a cabo tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica que se requiren para poder atender nas mellores condicións o subministro da zona, tal e como informaron no Concello.
As rúas que se verán afectadas, total ou parcialmente, son: a avenida Souto Vizoso, a rúa Bos Aires, Camiño da Fonte, Chantado, Colmeote, Domirón, a estrada da Gándara, a estrada da Faísca, e as rúas Mosteiro de Caaveiro, Mosteiro de Samos, Mosteiro de San Martiño, Pena, Río Salgueiro e Río Sobecos.
Dende a empresa eléctrica facilitaron un número de teléfono, o 900 333 999 para calquera aclaración ao respecto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal