Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O IES TERRA DE TRASANCOS ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE "O XOGO CON APOSTAS"
A convocatoria, tal e como recordou o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, diríxese a familiares do alumnado dos centros Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos.
Narón, 9 de marzo de 2020. O salón de actos do IES Terra de Trasancos acollerá mañá, ás 17.30 horas, unha charla da pedagoga Anabel Mosquera sobre “O xogo con apostas”. A convocatoria diríxese a familias de alumnas e alumnos dos centros Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos. As apostas do século XXI: adolescentes e ludópatas; o poder da publicidade: non é un xogo, é un negocio; factores de protección e factores de risco; e evolución de xogo lúdico-xogo problemático-xogo adictivo son os temas que se abordarán no transcurso desta convocatoria. Así mesmo, daranse a coñecer os resultados do estudo sobre adolescentes e ludopatía realizado polo Concello de Narón (a través das concellerías de Mocidade e Ensino, dirixidas polos edís Pablo Mauriz e Mercedes Taibo, respectivamente), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. O edil de Mocidade, Pablo Mauriz, animou ás familias dos adolescentes a acudir a estas convocatorias, debido “á importancia que ten o seu papel tanto na educación como na maduración dos seus fillos e fillas para previr, como é neste caso, as conductas adictivas”. Así mesmo, o concelleiro recordou que o goberno local está levando a cabo o Proxecto de prevención de conductas adictivas sen consumo de substancias abordando o tema do xogo con apostas en obradoiros que se imparten con alumnado de terceiro curso da ESO e FPBI e outras sobre o uso de redes sociais con escolares de segundo curso da ESO.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es