Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS MESÓNS O PÍO E CAZADORES, GAÑADORES DO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO ORGANIZADO POLO CONCELLO
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, foi o encargado de entregar os premios aos hostaleiros
Narón, 9 de marzo de 2020. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou esta mañá no Concello os premios correspondentes ao “Concurso de Tapas de Entroido” organizado a través do Club Narón Gastronómico. O certame desenvolveuse entre o 21 de febreiro e o pasado 1 de marzo nunha vintena de establecementos de hostalería da cidade, que serviron as diferentes elaboracións –doces ou salgadas- de balde ou cobrando un prezo que non superaba os tres euros, opción elixida polos propietarios ou propietarias de cada un dos establecementos. En primeiro lugar Pita entregou un diploma e una peza do escultor naronés Manuel Méndez, realizada exclusivamente para o certame, aos gañadores do premio elixido a través da valoración das tapas por parte da clientela e do xurado experto. O primeiro premio da votación popular recaeu no mesón Os Cazadores, dotado tamén con 300 euros; o segundo na Roldana, con 200 euros e o terceiro en Mestura, con 100 euros. Así mesmo, o edil de Promoción Económica entregou tamén un diploma e unha escultura de Méndez aos gañadores do premio da “cata a cegas”, que valoraron Manuel Costiña, do restaurante Retiro da Costiña (A Coruña), cunha estrela Michelín e dous Soles Repsol e Rafa Centeno, do restaurante Maruja Limón (Vigo), tamén coas mesmas distincións. Os premios desta modalidade foron para o Mesón O Pío o primeiro, dotado con 400 euros; para 3 Pés, con 250 euros o segundo e para La Perfecta o terceiro, de 150 euros. Os establecementos participantes na convocatoria foron o restaurante A Roldana, a cervexaría Australian, Café Bar Ramil, Casa Sindo, a Estrela do Ponto, Gastrobar Piñeiros, La Cantina, La Continental, La Panadería, La Perfecta, La Salmantina, Mamá Flora, Mesón O Pío, Mestura, Novo O Tapeo, Nueva Orleáns, Nuevo Mercado, Os Cazadores, Silver e 3 Pés. En canto aos premios para a clientela, as tres ceas valoradas en 150 euros cada unha –para unha persoa e acompañantes que deben ter lugar nos establecementos clasificados en primeiro, segundo e terceiro posto- recaeron en Damadis Bernabeu Auñón, María José Dopico Piñeiro e Juan Arribas Rodríguez. Así mesmo, sorteáronse dous circuítos no Spa de Odeón, que gañaron Pilar Fernández Vázquez e José Manuel Araújo Piñeira. David Pita agradeceu a participación dos hostaleiros nesta iniciativa e destacou o feito de que contribuirá a dar a coñecer os establecementos de hostalería da cidade, dos que destacou o seu traballo e servizo. Así mesmo, o edil felicitou “a todos os establecementos participantes, en especial aos gañadores” e tivo tamén palabras de agradecemento “para os integrantes do xurado e a clientela que, xunto co sector hostaleiro, fixeron posible coas súas puntuacións que puidésemos levar a cabo un ano máis este certame”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal