Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REPRESENTANTES POLÍTICOS, SINDICAIS E DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS SOLICITAN UNHA ENTREVISTA CO MINISTRO DE TRANSPORTES, MOBILIDADE E AXENDA URBANA
O Concello de Narón acolleu esta mañá unha nova xuntanza dos integrantes do colectivo pola reindustrialización das comarcas
Narón, 9 de marzo de 2020. O Concello de Narón acolleu esta mañá unha nova xuntanza dos colectivos pola reindustrialización da comarca, dos que forman parte alcaldesas e alcaldes de Ferrolterra, Eume e Ortegal, os sindicatos CIG, CCOO e UGT e a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer). No transcurso da reunión os asistentes acordaron solicitar unha entrevista co ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, para abordar diferentes asuntos relacionados directamente co futuro das tres comarcas. Os integrantes do colectivo alertan na misiva sobre “a grave situación que atravesan estes concellos, cunha constante perda poboacional nas últimas décadas e un importante descenso no número de empresas en activo e de carga de traballo, co que iso supón de cara á poboación das tres comarcas afectadas”. Así mesmo, aluden á falta de traballo no sector naval, o anunciado peche de actividade de Endesa e a incertidume de sectores como o metalúrxico, o da pizarra ou a madeira, “que está repercutindo dun xeito moi negativo no futuro das comarcas que representamos”. A modo de avance, os representantes políticos, empresariais e sindicais avanzan a intención de interesarse ante José Luis Ábalos por temas como as infraestruturas ferroviarias, a Vía de Alta Capacidade, a creación e venda de chan industrial e a supresión da peaxe da AP-9. “Entendemos que se trata de asuntos de especial interese para as nosas comarcas e de cuxo impulso dependerá directamente o futuro dos milleiros de persoas que residen nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal”, subliñaron dende o colectivo. Finalmente, os integrantes da comisión pola reindustrialización das tres comarcas realizaron un novo chamamento á cidadanía para que asista á manifestación comarcal do 15 de marzo convocada polos sindicatos CIG, CCOO e UGT e respaldada por vinte concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A manifestación, co lema “Polo futuro das nosas comarcas”, sairá ás 12.00 horas da Praza do Inferniño en dirección á Praza de Galicia, en Ferrol.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal