Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DO CPI O FEAL PARTICIPOU ONTE NUNHA FASE DE ZONA DO CLUB DE DEBATE
ALUMNADO DO CPI O FEAL PARTICIPOU ONTE NUNHA FASE DE ZONA DO CLUB DE DEBATE
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, acompañou aos rapaces e rapazas á iniciativa, celebrada en la localidad de Outes e impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello
Narón, 12 de marzo de 2020. A concelleira de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, desprazouse onte ao concello de Outes para acompañar a alumnado de cuarto da ESO do CPI do Feal que participou nunha fase de zona do Club de Debate 2020 xunto con outros rapaces e rapazas de Negreira, Outes e Ferrol (un total de oito equipos) que debateron sobre o tema “É necesaria a monarquía no S.XXI”. A concelleira naronesa destacou o traballo realizado polo alumnado do Feal durante a convocatoria, aínda que non puido pasar á fase final, que se disputará o vindeiro 16 de maio en Santiago de Compostela para abordar o tema “O futuro do galego está en nós”. Participarán nesa fase rapazas e rapaces do grupo “O Canido”, do IES Canido de Ferrol (1º premio) e “As Sinerxéiticas” do IES Xulián Magariños de Negreira (2º premio).
Esta edición do Club de Debate organízana conxuntamente os concellos de Narón, Ferrol, Ames, Negreira, Outes, Pontevedra, Redondela, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, a través dos seus servizos de Normalización Lingüística. “Trátase dun programa colectivo no que se incentiva aos participantes a falar en público, a amosar as súas dotes de oratoria e a usar o galego oral e o pensamento crítico entre a mocidade, fomentando a diversidade de opinións”, tal e como indicou Taibo.
O Concello de Narón participou tamén nas edicións de 2016 e 2018 do Club de Debate, tal e como recordou a edil de Ensino.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal