Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO SUSPENDE A PARTIR DE MAÑÁ DIVERSAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS EN COLEXIOS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS POLO CORONAVIRUS
O CONCELLO SUSPENDE A PARTIR DE MAÑÁ DIVERSAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS EN COLEXIOS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS POLO CORONAVIRUS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un decreto no que se recollen todas as medidas acordadas e que estarán en vigor, inicialmente, ata o 29 de marzo
Narón, 12 de marzo de 2020. O Concello de Narón acolleu na xornada de hoxe unha nova reunión con responsables dos diferentes departamentos municipais nos que se acordou adoptar unha serie de medidas preventivas ante a expansión da pandemia provocada polo virus Covid-19 (coronavirus). A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, a través dun decreto de Alcaldía, informou sobre as medidas que se adoptarán no Concello e que se aplicarán dende mañá, venres 13, ata o vindeiro 29 de marzo. Este período, así como o contido das medidas, está suxeito a modificacións en función das posibles indicacións que se realicen en materia preventiva co fin de minimizar o impacto do coronavirus dende as autoridades sanitarias autonómicas ou estatais.
O Concello de Narón, tal e como se recolle no decreto, suspenderá a celebración de actividades escolares e extraescolares dependentes do Concello e tamén as actividades previstas nestas datas na Biblioteca municipal, nas Axencias de Lectura municipais da Gándara e A Solaina, na Ludoteca da Solaina, na Casa da Mocidade, nas Escolas Infantís Municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (agás o servizo do Centro de Día), no Centro de maiores das Vivendas da Mariña (agás o servizo de comedor), e nos Centros Cívicos Sociais municipais.
As medidas a adoptar inclúen tamén a suspensión da realización de todas as actividades de carácter formativo e presenciais que se estaban desenvolvendo no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e na Aula Cemit de Xuvia.
Na área de Deportes, suspenderanse dende mañá todas as actividades nas instalacións deportivas dependentes do Concello de Narón e, na de Cultura, todas as actividades e espectáculos públicos programados nas instalacións culturais dependentes do Concello de Narón (Pazo da Cultura, Auditorio municipal e Casa da Cultura).
Así mesmo, tal e como se recolle no decreto asinado pola alcaldesa da cidade, a atención de servizos sociais (traballadora social) na zona rural levarase a cabo na Casa Consistorial.


Descarga de archivos
Decreto AlcaldíaTamaño: 65,25 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal