Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO AXILIZA AS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA NECESIDADES URXENTES, HABILITA UN TELÉFONO DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES E/OU DEPENDENTES E PECHA O PUNTO LIMPO
O CONCELLO AXILIZA AS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA NECESIDADES URXENTES, HABILITA UN TELÉFONO DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES E/OU DEPENDENTES E PECHA O PUNTO LIMPO
O Concello acolleu esta mañá unha nova reunión presidida pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e á que acudiron responsables de diferentes departamentos municipais
Narón, 16 de marzo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha nova xuntanza co equipo de coordinación sobre as medidas adoptadas para frear o avance do coronavirus. Para persoal que traballa na Casa Consistorial xa se comezaron a aplicar hoxe turnos de traballo e tamén hai casos de teletraballo para persoas en situacións consideradas de risco ou con familiares en situación de dependencia, con factores de risco ou por conciliación laboral, pechándose así mesmo ao público as oficinas do Padroado de Deportes e do Pazo da Cultura, cuxo persoal funcionario non acudirá ás citadas instalacións. O horario establecido para o persoal do Concello é de 8.30 a 13.30 horas, en lugar de dende as 7.30 ata as 14.30 horas e o acceso é pola planta do soto. O protocolo establecido no Concello inclúe indicacións e material –xel hidroalcohólico, luvas e toallitas de limpeza dos teclados- para garantir a máxima seguridade entre o persoal de todas as plantas, así como desinfectante para a limpeza dos equipos, reforzando e complementando o exhaustivo traballo que realiza a diario a compañía adxudicataria deste servizo no Consistorio co fin de evitar riscos para os traballadores e traballadoras.
Así mesmo, na área de Servizos Sociais, explicou a alcaldesa, “todas as axudas de emerxencia se están canalizando dende hoxe a través dun novo sistema que permite axilizar os trámites, e en lugar de realizar aportacións económicas as persoas ás que se lles concedan as axudas (unha traballadora social valorará cada caso) disporán duns vales para canxear en establecementos colaboradores, ofrecéndose no día de hoxe para colaborar Eroski-Familia e Froiz”.
O Concello habilitou a maiores un número de teléfono, o 647 622 245, que atenderá Protección Civil, e que a través dun equipo de voluntarios do citado Corpo atenderá ás persoas maiores, que estean soas ou enfermas e precisen algún tipo de axuda.
O goberno local contratou esta mañá máis sistemas de teletraballo para que máis persoal do Concello poida realizar nas mellores condicións o seu traballo dende os domicilios particulares, limitando así ao mínimo posible a presencia de persoal no interior do Concello e evitando tamén desprazamentos.
En materia de Servizos, esta mañá acordáronse novas medidas preventivas, que inclúen o peche das instalacións do Punto Limpo municipal de Río do Pozo, a partir de mañá martes e a limpeza a diario e desinfección de marquesiñas e ante establecementos como farmacias, supermercados, centros de saúde e edificios públicos que están abertos. “En canto á recollida do lixo (Residuos Sólidos Urbáns), estará operativo un día si e outro non e o persoal que traballa na limpeza viaria faráo por turnos, non a diario e cun servizo de retén por se fose preciso en caso de emerxencia ter unha garantía de persoal que poida realizar os traballos ante calquera posible incidencia”, explicou Ferreiro. Así mesmo, dende o Concello solicítase á cidadanía que non baixe voluminosos á rúa, xa que o servizo de recollida dos mesmos tampouco funcionará nas vindeiras dúas semanas. “Nos parques, como medida complementaria ao precintado que se levou a cabo o pasado venres en Narón, colocáronse uns sinais indicativos informando sobre o peche das instalacións por alerta sanitaria.
En canto aos contratos en vigor coas diferentes compañías que traballan para o Consistorio naronés Ferreiro explicou que “estamos realizando as consultas oportunas para tratar de que as empresas contratadas polo Concello teñan os menores prexuízos posibles debido a esta grave situación ante a que nos atopamos”.
A rexedora local recordou que no Concello só se realiza atención presencial ás persoas con cita previa concedida por persoal municipal, debendo dirixirse o resto aos teléfonos de contacto que se poden consultar no Decreto de Alcaldía dispoñible na web municipal (http://www.naron.es/web/docs/DECRETO-DE-ALCALDIA-13-3-2020.pdf) no Facebook Concello de Narón e tamén difundido a través da canle de Whatsapp Novas Narón. A través desta última canle distribúese tamén a información oficial do Consistorio, podendo darse de alta calquera persoa que o desexe enviando unha mensaxe co texto “Alta Novas Narón” ao teléfono: 607 344 434.
Finalmente, Ferreiro realizou un chamamento á cidadanía para que tan só atenda ás indicacións e informacións que se realizan dende canles oficiais e denunciou a aparición de bulos a través das redes sociais sobre a presenza de positivos en coronavirus nun centro educativo de Narón. “A policía está investigando xa este tipo de bulos que lamentablemente veñen a agravar, ante unha situación tan complicada de por si, o estado de alarma social debido á conducta incívica de certas persoas que os xeneran e difunden”, subliñou. A alcaldesa reiterou o chamamento realizado dende o primeiro día á colaboración cidadá “para entre todas e todos nós tratar de sobrelevar esta situación nas mellores condicións posibles e seguindo en todo momento as indicacións que se nos dan dende as autoridades sanitarias”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal