Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ANUNCIA A PARALIZACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE RECADACIÓN QUE SE ATOPAN EN VÍA DE APREMIO
O CONCELLO ANUNCIA A PARALIZACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE RECADACIÓN QUE SE ATOPAN EN VÍA DE APREMIO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou do resultado da xuntanza mantida polo equipo municipal de coordinación das medidas para previr o Covid-19 e agradeceu o labor das persoas que traballan estes días para atender as necesidades da cidadanía e manter operativos os servizos básicos
Narón, 17 de marzo de 2020. O Concello de Narón acolleu esta mañá, igual que vén facendo cada día dende a pasada semana, unha nova xuntanza presidida pola alcaldesa, Marián Ferreiro, do equipo de coordinación das medidas para frear a expansión do coronavirus. Forman tamén parte deste equipo os edís de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Medio Ambiente, Santiago Galego, ademáis dos funcionarios responsables dos diferentes departamentos municipais. Na xuntanza acordouse que o Concello, ante a situación na que nos atopamos, paralizará os procedementos de recadación que se atopen actualmente en vía de apremio (embargos…), unha medida que se manterá en vigor ata novo aviso, tal e como indicou a alcaldesa.
No Concello de Narón tamén na xornada de onte habilitouse o número de teléfono 647 622 245, que atende persoal de Protección Civil, e que a través dun equipo de voluntarios se mantén operativo para axudar ás persoas maiores da cidade, que estean soas ou enfermas. O colectivo conta xa con preto dunha vintena de persoal voluntario que se ofreceu para colaborar e que o fai atendendo ás quedas preestablecidas para garantir o seu correcto funcionamento. Ao longo desta mañá os voluntarios atenderon xa as primeiras peticións, todas elas solicitando axuda para dispoñer de alimentos nas súas casas.
En materia de prevención, e tal como se anunciara, permanece pechado o Punto Limpo de Río do Pozo e o camión lavacontenedores volveu a saír á rúa para proceder á limpeza dos mesmos a diario. Así mesmo, persoal da empresa de limpeza continúa cos traballos de desinfección de marquesiñas e tamén diante de establecementos que permanecen abertos estes días, como farmacias, supermercados, centros de saúde e edificios públicos para garantir a máxima desinfección deses espazos.
Na xornada de hoxe, así como os vindeiros días, axentes da Policía Local de Narón continuarán realizando os pertinentes controis nas estradas para garantir o cumprimento por parte da cidadanía das medidas do estado de alarma, entre as que se restrinxen as viaxes por estrada para casos moi concretos, tal e como recordou a alcaldesa. Ferreiro indicou tamén que “os dous axentes da Policía Local que o pasado 6 de marzo tomaron posesión dos seus postos no Concello e que tiñan previsto realizar as prácticas no verán, debido a que previamente completarían a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), na Estrada, están xa incorporados dende onte luns ao plantel local, debido a que se suspendeu a actividade formativa na Agasp de xeito temporal, co que adiantaron a formación práctica”.
Na Biblioteca municipal de Narón os préstamos que tiñan data de devolución do 13 de marzo ou posterior quedaron automáticamente ampliados ata o 30 de marzo, polo que se informa ás veciñas e veciños que non deben acudir ás instalacións, que permanecen pechadas, nin utilizar o buzón de devolucións.
Ao suspenderse a atención presencial excepto para citas previas concertadas por persoal municipal, o Concello dispón dos teléfonos de contacto cos diferentes departamentos municipais, que se poden consultar no Decreto de Alcaldía publicado na páxina web municipal: http://www.naron.es/web/docs/DECRETO-DE-ALCALDIA-13-3-2020.pdf. Toda a información sobre as medidas a levar a cabo para frear a expansión do coronavirus poderá consultarse na web: www.naron.es, no Facebook Concello de Narón e na canle de Whatshapp “Novas Narón”.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu a colaboración de todas as persoas que estes días traballan para atender as necesidades da veciñanza e manter operativos os servizos básicos e incidiu na obrigatoriedade do cumprimento de todas as medidas decretadas ante o estado de alarma no que nos atopamos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal