Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O SERVIZO DE COMEDOR SOCIAL DO CENTRO DE MAIORES DAS VIVENDAS DA MARIÑA
O CONCELLO REABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O SERVIZO DE COMEDOR SOCIAL DO CENTRO DE MAIORES DAS VIVENDAS DA MARIÑA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que para facer uso do servicio será preciso realizar encargas previas telefonicamente e avanzou outras iniciativas impulsadas dende o Concello para manter outros servizos como o programa de Envellecemento Activo e Comunitario
Narón, 21 de marzo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a reapertura, o vindeiro luns, día 23, do servizo do comedor social do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña. O citado servizo pechouse ao tempo que as instalacións que o albergan con motivo das medidas adoptadas para previr a expansión do coronavirus e funcionará mantendo unhas medidas encamiñadas a ese mesmo fin, tal e como apuntou a rexedora local.
As persoas que queiran facer uso do comedor deberán encargar a comida, chamando cun día de antelación, entre as 10.00 e as 16.00 horas aos números de teléfono 671 383 596 ou 671 383 575. O persoal que atenderá o servizo apuntará a encarga de cada un dos comensais e informaráo sobre unha hora aproximada para recoller os alimentos, que se servirán en recipientes de plástico dun só uso, mantendo todas as garantías de hixiene. A comida, tal e como explicou Ferreiro, servirase pola ventá lateral do Centro de Maiores da estrada de Castela e cada vez que un dos usuarios ou usuarias recolla a súa encarga procederase a desinfectar a citada ventá. “É moi importante que se repecten as horas de recollida que se indicarán a cada persoa no momento de facer a encarga, porque deste xeito evitaremos tamén a presencia de varias persoas ao mesmo tempo na zona e ofrecerase o servizo en condicións óptimas de seguridade”, destacou a alcaldesa.
O menú diario ten un prezo de 7,15 euros, que se abonará no momento da recollida, pero no caso de que se encargue a comida todos os días da semana (de luns a domingo) o custe será de 6,55 euros diarios e a totalidade semanal, 45,85 euros, pagarase os luns. “Atendendo ao protocolo que temos establecido do Concello, tamén se servirán no centro menús de balde para as persoas que sexan derivadas dende o Servizo Sociocomunitario Municipal atendendo ás prescripcións técnicas en situación de urxente necesidade e continuamos tamén traballando para poder dar servizo a domicilio a todas as persoas que non poidan achegarse a recollela”, explicou Ferreiro.
En relación á atención ás persoas maiores, a alcaldesa indicou que dende hai uns días o monitorado dos Centros Comunitarios Municipais que se encarga de impartir as actividades do programa municipal de Envellecemento Activo e Comunitario, está contactando co alumnado vía Whatshapp, por teléfono ou redes sociais como Facebook, según o caso, para que non se desvinculen durante este período de confinamento das actividades que realizaban nos centros. “Tratamos de que poidan continuar cos hábitos adquiridos a través desas actividades, realizándoas nas súas casas e utilizando elementos cotiás, facilitándolle aos maiores o acceso aos diversos contidos que se suben no Facebook Centros Comunitarios de Narón, como cancións de zumba, musicoterapia…”, apuntou Ferreiro. A alcaldesa asegurou que se trata dunha iniciativa “que está tendo unha moi boa acollida entre as persoas maiores, que xa nos trasladaron o seu apoio a esta iniciativa que lles permite continuar coas súas clases”. Á hora de planificar esa medida, dende o Concello tamén se tivo en conta o caso daquelas persoas que, por diferentes motivos, non teñen acceso a este tipo de prácticas a través do Facebook ou Whatshapp, polo que tamén se contempla a posibilidade de ofrecer as instruccións para os exercicios a través de chamadas telefónicas.
Finalmente, Ferreiro asegurou que o goberno local está avanzando na posibilidade de poñer en marcha un servizo de asesoramento telefónico e telemático para as familias usuarias do Centro de Día Municipal, “co fin de poder ofrecerlles alternativas de lecer e ter en conta tanto as súas necesidades como posibles dúbidas con respecto ao seu coidado”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal