Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O MINISTERIO DE EDUCACIÓN E A FEMP PREMIAN AO CONCELLO POLO PROXECTO "INTERVENCIÓN EN CASOS DE ABSENTISMO ESCOLAR"
O MINISTERIO DE EDUCACIÓN E A FEMP PREMIAN AO CONCELLO POLO PROXECTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, valorou a concesión deste recoñecemento a nivel nacional e destacou o labor que se está realizando dende o Concello en materia de prevención tanto do absentismo como do acoso escolar
Narón, 24 de marzo de 2020. O proxecto “Intervención en casos de absentismo escolar" que implantou o Concello de Narón nos centros de ensino da cidade obtivo un dos premios concedidos na categoría de prevención e intervención fronte ao absentismo escolar en municipios de máis de 20.000 habitantes a través dun certame convocado conxuntamente polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Federación Española de Municipios e Provincias. A FEMP informou ao Concello sobre a concesión do citado premio tras facerse público o fallo da comisión de valoración do “V Concurso de Buenas prácticas municipales en la prevención e intervención frente al absentismo y el acoso escolar”, que se reuniu o pasado 10 de marzo. A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu a concesión deste premio ao Concello “no que se recoñece públicamente e a nivel estatal un gran traballo que se está realizando coas familias e o alumnado na prevención, control e supervisión do absentismo e o acoso escolar, ofrecendo información e medidas preventivas”.
O Concello de Narón traballou conxuntamente dende as áreas de Educación e Benestar Social, presididas polas edís Mercedes Taibo e Catalina García, respectivamente, para poñer en marcha esta iniciativa. “Trátase dun programa preventivo escolar no que se impartiron charlas a alumnado e familiares e se realizaron actividades nas aulas para detectar situacións de acoso escolar e no que tamén se actuou en materia de prevención co fin de erradicar estas conductas, e tamén inclúe actividades extraescolares como Premenor, de reforzo educativo con familias derivadas dende o Servizo Sociocomuntario”, explicou Ferreiro.
O acto de entrega dos premios deste certame, tal e como indicou a FEMP, levarase a cabo “nas vindeiras semanas”, no marco da Xornada de boas prácticas na prevención e intervención fronte ao absentismo e acoso escolar. No transcurso do acto, según se avanzou, daranse a coñecer os sete programas premiados nesta edición do certame e tamén se organizará unha mesa de diálogo con representantes dos citados programas.
“É un orgullo que un programa que levamos a cabo na nosa cidade obteña este recoñecemento a nivel nacional”, asegurou a alcaldesa, que destacou a importancia de “destinar recursos a este tipo de programas encamiñados a erradicar conductas como, neste caso, o absentismo e o acoso escolar, dous problemas que lamentablemente padece a nosa sociedade e sobre os que temos que facer especial incidencia en materia de prevención”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal