Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PLENO APROBOU UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL INSTANDO AO GOBERNO CENTRAL A PERMITIR O INVESTIMENTO DE REMANENTES DE TESOURERÍA PARA PALIAR OS EFECTOS DA CRISE DO COVD-19
O PLENO APROBOU UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL INSTANDO AO GOBERNO CENTRAL A PERMITIR O INVESTIMENTO DE REMANENTES DE TESOURERÍA PARA PALIAR OS EFECTOS DA CRISE DO COVD-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu no seu nome e no do resto da corporación local o traballo que están realizando diferentes colectivos para atender os servizos que se prestan á cidadanía coas máximas garantías de seguridade e sanitarias
Narón, 26 de marzo de 2020. O Concello de Narón celebrou esta mañá, a partir das 10.00 horas, o pleno ordinario de finais de mes a través da aplicación Skype debido ao estado de alarma pola pandemia do Covid-19. Tal e como anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, esta mesma semana, os concelleiros e concelleiras da corporación local participaron na convocatoria a través da citada aplicación, coa única presencia no Concello da rexedora local e do Secretario xeral e a interventora do Consistorio. Na sesión aprobouse unha declaración institucional para instar ao Goberno central a permitir o investimento de remanentes de tesourería dos concellos para paliar os efectos do Covid-19, dada a expansión desta pandemia. En concreto solicítase ao Estado que adopte as medidas para que os concellos poidan reinvestir o seu remanente de tesourería nunha cantidade equivalente ao crédito recibido pola Xunta de Galicia non só para investir en servizos sociais, senón tamén en medidas económicas, de emprego e outros tipos de investimento co fin de prestar servizos públicos de calidade, tal e como se recolle no documento. No mesmo especifícase que é unha demanda que a través da FEMP se puxo en reiteradas ocasións en coñecemento do Goberno central, incidindo na necesidade de modificar as actuais restricións e sublíñase o paradoxo que supón para concellos como o de Narón “con gran cantidade de remanente e saneado”.
Un dos puntos da orde do día foi a aprobación de xeito definitivo o Regulamento de Participación Cidadá, a través do que se establecen oficialmente os medios e procedementos de información e participación das veciñas e veciños e entidades da cidade na xestión municipal, comprometéndose así unha participación democrática e plena transparencia nos asuntos públicos locais, tal e como se recolle no documento.
Facilitar información sobre actividades municipais, obras e servizos; promover a participación veciñal e de entidades cidadás na xestión municipal atendendo ás facultades de decisión que corresponden aos órganos municipais representativos, aproximar a xestión municipal á cidadanía e fomentar a vida asociativa son algúns dos obxectivos do citado Regulamento, no que os particulares e entidades estarán representados a través do Consello Xeral de Participación Cidadá, os Consellos Sectoriais e os Consellos Territoriais. O Regulamento entrará en vigor aos quince días da súa publicación no BOP.
Así mesmo aprobouse o compromiso da corporación de habilitar o crédito necesario para acometer as obras de “Renovación do alumeado público do Concello de Narón” e as de “Rehabilitación enerxética da envolvente térmica do Centro de Formación Irmás Froilaz”. Trátase de dúas intervencións para as que o Concello terá que realizar achegas económicas de de 283.295 euros e 3372.063 euros, respectivamente, para poder executar as obras no caso de que resulten seleccionadas e obteñan as subvencións solicitadas á Unión Europea (a través dos fondos IDAE). Na sesión aprobáronse tamén as propostas para solicitar as dúas subvencións para acometer ambas actuacións.
Así mesmo, no pleno acordouse celebrar, de xeito excepcional, a celebración de plenos, xuntas de goberno, comisións informativas e xuntas de contratación mediante sistemas de videoconferencia ou similares, habilitando os mecanismos precisos para tal fin.
Outro dos asuntos aos que se deu luz verde na sesión foi á aprobación do protocolo de adhesión do Concello á Rede Xatemprego e para o uso da aplicación web para a xestión de actividades, sendo a nova versión da mesma a única válida para a Xunta para xustificar a subvención concedida o pasado ano para o contrato da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.
Antes de dar por rematada a sesión a alcaldesa, Marián Ferreiro, en nome de toda a corporación local de Narón fixo público o agradecemento a todas aquelas persoas que están traballando estes días para que na cidade se manteñan operativos na medida do posible os servizos de atención ás veciñas e veciños. “Grazas ao persoal funcionario, aos Corpos de seguridade, ao Speis, persoal de empresas auxiliares que traballan directamente co Concello, traballadores e traballadoras sanitarias, e empregados e empregadas doutros colectivos vencellados á alimentación, transporte, sector farmacéutico… que estes días continúan na primeira liña para atender ás nosas veciñas e veciños coas máximas garantías de seguridade e sanitarias”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal