Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O SERVIZO URBANO E INTERURBANO DE TRANSPORTE METROPOLITANO REDUCIRASE A PARTIR DE MAÑÁ EN VARIAS LIÑAS DEBIDO Á CRISE DO COVID-19
O SERVIZO URBANO E INTERURBANO DE TRANSPORTE METROPOLITANO REDUCIRASE A PARTIR DE MAÑÁ EN VARIAS LIÑAS DEBIDO Á CRISE DO COVID-19
Os cambios afectarán as liñas do Porto de Ferrol ao Puntal, en Neda, e tamén á de Ferrol ao Val e a da Graña ao Couto
Narón, 27 de marzo de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou de que, según comunicou a empresa adxudicataria do servizo de transporte metropolitano, a partir de mañá sábado entrarán en vigor unha serie de reducións no servizo urbano e interurbano que afectarán ao municipio. A medida adoptouse como método de prevención de expasión da pandemia do coronavirus e estará en vigor nos vindeiros días, sendo susceptible de posibles novos cambios que debido á actual situación poida determinar a empresa adxudicataria.
En canto ao servizo urbán, á liña 20, que vai dende o porto de Ferrol ata o Puntal (Neda), percorrendo o tramo da estrada de Castela que discurre por Narón, os días laborables as saídas dende o Porto serán ás 7.35, 9.30, 11.30, 13.30, 15.30 17.30 19.30 e 21.30 horas e dende o Puntal ás 7.00, 8.20, 10.20, 12.20, 14.20, 16.20, 18.20 e 20.20 horas. Nesa mesma liña, os sábados os buses sairán do Porto ás 7.00, 10.00, 13.00, 16.00 e 19.00 horas e do Puntal ás 7.30, 10.45, 13.45, 16.45 e 19.45. Así mesmo, no caso dos domigos e festivos a liña 20 estará operativa dende o Porto ás 7.30, 10.40, 14.40 e 18.40 e dende o Puntal ás 8.00, 11.20, 15.20 e 19.20 horas.
No que respecta á liña de transporte metropolitano pola zona urbana tamén haberá redución de servizo nas liñas 30 e 31, que van dende a Praza de Galicia ata O Couto. Nese caso, os días laborables os buses sairán da Praza de Galicia ás 10.30, 15.30 e 20.30 horas e do Couto ás 11.00, 16.00 e 21.00 horas e, nas xornadas dos sábados sairán da Praza de Galicia ás 10.30, 13.30 e 16.30 e do Couto ás 11.00, 14.00 e 17.00 horas.
A liña 29, da Graña ao Couto estará operativa os domingos con saídas da Graña ás 8.00, 10.00 e 12.00 e do Couto ás 9.00, 11.00 e 13.00 horas, tal e como indicaron dende a empresa.
Así mesmo, as reducións de servizo afectan tamén ao transporte interurbano, concretamente ás liñas 1 e 17, de Ferrol ao Val. O servizo de ida estará operativo os días laborables ás 7.30; os sábados ás 11.30 e os festivos ás 18.30, para o servizo de ida, mentres que para o de volta os horarios serán os laborables ás 8.30 e 19.00 horas; os sábados ás 10.00 e ás 18.00 e os festivos ás 10.00 horas.
As persoas que desexen consultar os cambios que se aplicarán no resto das liñas do transporte metropolitano e que afectan a outros concellos da comarca poden facelo a través da web do Concello de Narón: www.naron.es.


Descarga de archivos
Horario liñas interurbanasTamaño: 123,41 KBDescargar
Horario liñas urbanasTamaño: 129,19 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal