Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO SOLICITA A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA DEPOSITAR OS RESIDUOS DOMÉSTICOS NOS CONTENEDORES AXEITADOS
O CONCELLO SOLICITA A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA DEPOSITAR OS RESIDUOS DOMÉSTICOS NOS CONTENEDORES AXEITADOS
As instalacións do Punto Limpo de Río do Pozo e o servizo de recollida de voluminosos non permanecen operativos durante o estado de alarma
Narón, 27 de marzo de 2020. A empresa adxudicataria do servizo de recollida de lixo na cidade detectou nos últimos días varios problemas no mesmo, ao depositar algunhas veciñas e veciños produtos reciclables, como plástico e cartóns, entre outros, nos contenedores que non son os axeitados para o seu tratamento. A maiores dos problemas que isto xenera de cara a continuar reciclando axeitadamente os residuos, súmanse complicacións debido ao desbordamento nalgúns contenedores de lixo orgánico, ao non depositalo nos específicos dos correspondentes produtos. Por estes motivos, dende o Concello, solicítase a máxima colaboración cidadá para manter operativo o servizo á veciñanza nas mellores condicións e, ao tempo, continuar reciclando dun xeito óptimo. Así mesmo, recordouse que tanto as instalacións do Punto Limpo de Río do Pozo como o servizo de recollida de voluminosos non estarán funcionando durante o estado de alarma, tal e como se anunciou dende o decreto do Goberno central.
En canto ao servizo de recollida de lixo, recordouse que se mantén en días alternos. Os luns a recollida é por Santa Icía, A Gándara, O Val, San Mateo e zona semirural; os martes por Xuvia, O Alto, Doso, Pedroso e Sedes; os mércores por Santa Icía, A Gándara, O Val, San Mateo, O Val, San Mateo e zona semirural; os xoves por Xuvia, O Alto, Doso, Pedroso e Sedes, os venres por toda a zona urbana e a zona semirural; os sábados por Doso, Pedroso, Sedes e Cornido e os domingos por toda a zona urbana.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal