Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO DE ATENCIÓN Á MAIORES ENTRARÁ EN SERVIZO NO MES DE XUÑO
O Alcalde e o Vicepresidente da Deputación visitaron hoxe as obras do inmoble.
Narón, 14 de Abril de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, recibiu hoxe en visita institucional ó Vicepresidente da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar. Ambos compartiron un encontro no Concello cos representantes dos grupos políticos municipais (TEGA, PP, PSOE e BNG) antes de percorrer varias obras en cuia financiación están a colaborar as administracións local e provincial. O primeiro punto do percorrido foi o Polígono Industrial de As Lagoas, onde actualmente se executan traballos de reurbanización dos seus viais por importe de catro millóns de euros –repartidos entre Concello, Deputación, e Xunta de Galicia-. A continuación, a comitiva (da que tamén formaron parte os concelleiros Jose Luis Suárez –TEGA-, Miguel Hermida –PP- e Antonia Martínez –BNG-) desprazouse ata a zona de Vosa para visitar o futuro Centro de Atención de Persoas Maiores. Esta obra conta cun orzamento de 1.224.983,18€ e a empresa encargada de executala é Jesús Martínez. Segundo apuntou hoxe o Alcalde, Jose Manuel Blanco, o Centro de Día disporá dun total de 60 prazas para usuarios en xornada de día. O edificio está dividido en dúas prantas –baixo e primeira- e conta con sete zonas diferenciadas: -Areas comunes e zonas exteriores (774,96 m2). -Area de servizos lúdicos (170,95 m2). Inclúe sala social, sala de viaxes e sala de tertulias. -Area de servizos de hostelería (237,36 m2). -Area de loxística auxiliar (650,25 m2). -Area de servizos terapéuticos (346 m2). Inclúe sala de estimulación, musicoterapia, podoloxía e acupuntura. -Area de servizos socioculturais (242,85 m2). Inclúe obradoiro de xardinería, e unha sala de novas tecnoloxías. -Area de servizos de asesoramento (222,83 m2). Esta última sitúase na pranta alta. O Concello agarda sacar a concurso a explotación do Centro de Día no mes de maio, para que en xuño poida estar xa funcionando. O Alcalde aproveitou a presencia do Vicepresidente da Deputación para solicitar ó organismo provincial a súa colaboración en outros proxectos. Neste sentido, Jose Manuel Blanco pedíu a Pablo Villamar que interceda ante o goberno provincial para encargar os proxectos das estradas Miguel de Cervantes e O Feal, que segundo dixo “levamos anos intentando realizalos. Sería importante contar con este traballo, porque son viais que cruzan Narón”, sinalou. O tercer e ultimo punto da visita do Alcalde e o Vicepresidente da Deputación foi o Pazo da Cultura. Jose Manuel Blanco explicou que o Concello agarda instalar proximamente unha concha acústica no seu escenario, co fin de mellorar a calidade do sonido. “Agora que xa temos a climatización do Pazo lista, pensamos en continuar mellorando os medios cos que conta o novo auditorio”, dixo. O Concello solicitará á Deputación a súa colaboración para a instalación deste novo elemento, presupostado en 400.000 euros aproximadamente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal