Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MINISTERIO DE SANIDADE E O CONSELLO XERAL DE COLEXIOS OFIICAIS DE PSICÓLOGOS HABILITAN UN SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA POLO COVID-19
O servizo realizarase vía telefónica e estará operativo todos os días da semana entre as 9.00 e as 20.00 horas
Narón, 1 de abril de 2020. O Concello informa dun novo recurso impulsado dende o Ministerio de Sanidade e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Psicólogos (COP) de España para prestar apoio asistencial ás persoas con dificultades derivadas da pandemia e o confinamento polo Covid-19. En concreto, tal e como se indicou, habilitáronse tres números de teléfono que atenderán 45 profesionais para ofrecer unha primeira atención psicolóxica a diferentes colectivos para que poidan manexar o estrés e situacións de malestar derivadas desta pandemia. As familias de persoas enfermas de Covid-19 ou que faleceran por esta enfermidade poden chamar ao teléfono 91 700 79 89. A maiores, os profesionais con intervención directa na xestión da pandemia, como persoal sanitario, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou Policía Local, entre outros, poden chamar ao 91 700 79 90 e a poboación en xeral con dificultades derivadas desta alerta e do confinamento debe chamar ao 91 700 79 88. O servizo de apoio asistencial estará operativo entre as 9.00 e as 20.00 horas todos os días da semana, según se informou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal