Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COORDINA A UNHA VINTENA DE PERSOAS DA CIDADE QUE REALIZAN "CUBREBOCAS" QUE REPARTE A AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL
O goberno local agradece o traballo das mulleres e homes que realizan os cubrebocas, así como a colaboración das persoas que doaron o material preciso para facelos
Narón, 2 de abril de 2020. Unha vintena de veciñas e veciños da cidade realiza estes días cubrebocas que se entregan a través do equipo de voluntarios de Protección Civil de Narón. As concellerías de Seguridade Cidadá e Benestar Social, dirixidas por Román Romero e Catalina García, respectivamente, coordinan esta iniciativa solidaria, que conta coa colaboración de varios comercios de Narón, ou cuxos propietarios e propietarias son da cidade, que doaron o material preciso para realizar os cubrebocas, telas de algodón e filtros de polipropileno. Na actualidade xa se realizaron uns 500, tal e como se indicou dende o Concello. O equipo traballa dende os seus domicilios e unha vez que ten unha certa cantidade de cubrebocas, específicos para homes e para mulleres, informa ao Concello, a través da área de Benestar Social, para que xunto con Seguridade Cidadá llo comunique a Protección Civil, que se encarga de recollelos en cada punto indicado para proceder á entrega dos mesmos. O reparto comezou na xornada de onte, cando se entregaron os primeiros a persoal voluntario de Protección Civil e de Cáritas Parroquial. Nos vindeiros días están programadas entregas a outros colectivos que os vaian necesitando, a medida que se confeccionan. Os cubrebocas, reutilizables, son de algodón e teñen unha abertura na que vai un filtro de polipropileno para impermeabilizalos, entréganse unha vez lavados a alta temperatura e desinfectados. A entrega a Protección Civil por parte das persoas que as elaboran faise dentro de bolsas herméticas, para cumplir así garantías hixiénicas. As mulleres e homes que realizan os cubrebocas puxéronse en contacto co Concello co fin de trasladarlle esta iniciativa e para solicitar colaboración en materia de coordinación e para o reparto do material para confeccionalos e, unha vez rematados, para a entrega dos propios cubrebocas. As áreas de Seguridade Cidadá e Benestar Social coordinaron ao equipo dende o inicio, valorando a súa iniciativa. Dende o Concello de Narón agradecen a implicación das veciñas e veciños que están á fronte deste labor e tamén as doazóns realizadas de material para poder levalo a cabo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal