Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PERSOAL DO SPEIS CONTINÚA REFORZANDO OS TRABALLOS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN DAS RESIDENCIAS DE MAIORES DOMUSVI E NUESTRA SEÑORA DE LOS DESAMPARADOS
O PERSOAL DO SPEIS CONTINÚA REFORZANDO OS TRABALLOS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN DAS RESIDENCIAS DE MAIORES DOMUSVI E NUESTRA SEÑORA DE LOS DESAMPARADOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que os traballos se realizan con equipos de protección e metodoloxías específicas para garantir a seguridade e saúde de todo o persoal
Narón, 6 de abril de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recordou que persoal do Speis de Narón continúa desprazándose ás residencias de maiores de Nuestra Señora de los Desamparados, en Piñeiros, e DomusVi, no Alto, para reforzar os traballos de limpeza e desinfección que a diario se levan a cabo nestas instalacións. “Trátase de zonas consideradas de especial vulnerabilidade, ao residir persoas maiores catalogadas como grupos de risco, e nas que é preciso desinfectar a fondo as zonas comúns e grandes espazos co fin de baixar a posible carga vírica no interior destes centros”, asegurou Ferreiro.
O persoal do turno de garda do Speis é o encargado de realizar este traballo dende os primeiros días, con equipos de protección individualizada e protección respiratoria integral e cunha metodoloxía específica con aparatos de aplicación tamén moi específicos, tal e como indicou a alcaldesa. “Os equipos cos que traballa o Speis son automáticos, micropulverizan unha cantidade determinada e constante que permite chegar a espazos moi concretos e deixar as zonas polas que pasan desinfectadas e neutralizadas”, apuntou.
No seu traballo empregan unha disolución de auga e hipoclorito sódico facendo uso dos citados dosificadores autónomos (unhas mochilas extintoras), nunha porcentaxe que segue as indicacións realizadas dende o Ministerio de Sanidade para proceder á desinfección deste tipo de centros. Unha vez que se limpa coa citada disolución o persoal do Speis realiza unha medición de gases para comprobar que a zona queda totalmente controlada e con todas as garantías sanitarias para que poidan estar nos espazos desinfectados os residentes con tódalas garantías sanitarias.
Grandes corredores, bibliotecas, espazos comúns como salas de estar, e dispensarios… son algunhas das dependencias destas dúas residencias sobre as que o persoal do Speis segue reforzando as tarefas de limpeza e desinfección que leva a cabo o persoal do servizo de limpeza de cada un destes centros.
En materia de limpeza e desinfección de edificacións a alcaldesa anunciou que o Concello dispón na actualidade dun segundo cañón de ozono portátil profesional para traballar en grandes espazos. O equipo permite reducir considerablemente o tempo de realización desta tarefa e está indicado, apuntou, para efectuar tratamentos de choque en espazos interiores, que deberán estar sen persoas no interior –nin animais, de ser o caso- e que require dunha ventilación posterior.
Ferreiro avanzou tamén que atendendo ás indicacións realizadas pola Consellería de Sanidade debido á alerta ocasionada polo coronavirus, colocaranse en todas as fontes públicas da cidade uns carteis advertindo que se desaconsella o consumo da auga das citadas billas, ao non poder garantizarse ao cen por cento a desinfección dos citados elementos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal