Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PUBLICA UN LISTADO CON PRETO DE 150 ESTABLECEMENTOS QUE PERMANECEN ABERTOS DURANTE O ESTADO DE ALARMA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que a través desta iniciativa se aposta por informar á veciñanza sobre os establecementos operativos na cidade e os seus horarios, na maioría dos casos adaptados tras decretarse o estado de alarma
Narón, 7 de abril de 2020. O Concello de Narón elaborou varios listados de establecementos que, durante o estado de alarma, continúan operativos, ofrecendo os seus servizos á veciñanza. A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou que os listados se poden consultar tanto dende o Facebook do Concello (Concello de Narón) como dende a páxina web de Narón (www.naron.es), donde permanecen publicados. “Trátase dunha iniciativa coa que tratamos de facilitar ás nosas veciñas e veciños o labor de saber en caso de necesidade a que establecementos poden ir nestas datas e tamén informalos dos teléfonos por se requiren cita previa e dos horarios, xa que en moitos casos se reduciron para evitar a propagación da crise do coronavirus”. En total, recompiláronse 144 establecementos correspondentes ás áreas de alimentación, farmacias, ópticas, parafarmacias, ortopedias, comida a domicilio, informática, quioscos e librarías, talleres, clínicas veterinarias, estacións de servizo, lavanderías e cerraxerías. No sector da alimentación figuran un total de cincuenta establecementos, localizados por diferentes puntos do termo municipal. A estes súmanse tamén doce farmacias, cinco ópticas, tres parafarmacias, dúas ortopedias, nove establecementos de comida a domicilio, outros nove de informática, dez quioscos e librarías, tres clínicas veterinarias, un establecemento de aseo de animais, dúas lavanderías, unha cerraxería, vinte e seis talleres e once estacións de servizo. O listado completarase nos vindeiros días cos estancos e entidades bancarias da cidade que permanecen abertos, así como o servizo de taxis, tal e como avanzou Ferreiro. A alcaldesa agradeceu a colaboración e boa disposición dos propietarios e propietarias dos diferentes establecementos, á hora de poñer en marcha esta iniciativa. Así mesmo, recalcou que calquera propietario ou propietaria da cidade que teña algún tipo de establecemento que poida permanecer aberto no estado de alarma e non figure nos listados realizados, se poña en contacto co Concello, ben a través dunha mensaxe por Facebook ou da dirección: naron@naron.es para engadilo. “Esta é unha ferramenta máis que poñemos a disposición das nosas veciñas e veciños e moi útil á hora de consultar a donde podemos dirixirnos estes días no caso de que precisemos dalgún destes servizos”, explicou Ferreiro, que agradeceu o labor que estes días desenvolven tamén “os propietarios e propietarias, así como o plantel de todos estes locais na nosa cidade”.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es