Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REALIZA UNHA PRIMEIRA ENTREGA DE 5.000 CUBREBOCAS REALIZADOS POR PERSOAL VOLUNTARIO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu o labor do persoal voluntario que os elabora, así como o das persoas que doaron o material para facelos e tamén o traballo do equipo de Protección Civil e das persoas que, a título particular colaboran co colectivo
Narón, 8 de abril de 2020. Un equipo de voluntarios formado por mulleres e homes da cidade elaborou os 5.000 cubrebocas artesanais que, na que é unha primeira entrega, o Concello de Narón comezou a distribuír entre diferentes colectivos. A iniciativa, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, forma parte dunha campaña impulsada polo Concello para promover a autoprotección da veciñanza, complementando así ás medidas de confinamento e distanciamento social establecidas polas autoridades sanitarias durante o estado de alarma para conter a propagación do coronavirus. Baixo o lema “Usando cubrebocas eu protéxote, ti protéxesme”, o persoal de Protección Civil entregou xa as primeiras unidades a traballadoras e traballadores de varios establecementos de alimentación, como panaderías, supermercados, ferreterías, e outros, que se irán completando nos vindeiros días, tal e como avanzou a rexedora local. “Ao usar estes cubrebocas, que levan uns filtros de protección, evitamos a posible transmisión do virus ao tusir ou mesmo respirar, co que constitúen unha importante medida de autoprotección coa que entre todas e todos nós axudaremos a frear os casos de contaxio”, apuntou a alcaldesa. A recomendación das autoridades sanitarias é usar máscaras, pero ante a dificultade de atopalas actualmente no mercado, dende o Consistorio naronés apostouse por esta iniciativa, “contando en todo momento coa axuda de voluntarios e voluntarias que día a día foron realizando esas 5.000 unidades que estamos repartindo e, como non, das persoas que doaron o material preciso para facelas. A todas e todos eles quero transmitirlles o máis sinceiro agradecemento polo seu desinteresado labor, así como o do equipo de Protección Civil e persoas que a título particular colaboran co colectivo”, subliñou Ferreiro. O papel preventivo dos cubrebocas é fundamental nestes momentos, polo que dende o Concello se insta á cidadanía a utilizalos e promover o seu uso entre a familia, amizades e veciñanza. Para poder dispoñer dos cubrebocas, que se irán entregando en función da dispoñibilidade aos diferentes colectivos, pódese chamar ao número de teléfono: 647 622 245. Entréganse nunha bolsa hermética e acompañados dun folleto informativo da campaña e un debuxo realizado por dous menores, Martín e Álvaro Sardina Dopico, de 11 e 9 anos respectivamente, que quixeron entregalos para agasallar á xente. Así mesmo, esta iniciativa leva aparellada outra proposta, a de tirar unha foto co cubrebocas e subila ás redes sociais co hashtag: #protexenaron.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es