Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNS DOUSCENTOS MENORES DA CIDADE DISPOÑEN XA DOUS SEUS DIPLOMAS DE HEROES E HEROÍNAS
UNS DOUSCENTOS MENORES DA CIDADE DISPOÑEN XA DOUS SEUS DIPLOMAS DE HEROES E HEROÍNAS
O Concello convocou unha iniciativa a través do Speis para agradecer con debuxos o traballo de diferentes colectivos durante o estado de alarma
Narón, 11 de abril de 2020. Uns douscentos nenos e nenas da cidade dispoñen xa dos diplomas de heroes e heroínas concedidos a través do Speis de Narón. Nos últimos catro días os menores enviaron ao citado servizo debuxos agradecendo o traballo que realizan estes días diferentes colectivos como bombeiros, policías, farmacéuticos, veterinarios, médicos, enfermeiras, traballadores do servizo de limpeza… “Queremos agradecer a gran resposta que tivo esta iniciativa entre as nenas e os nenos da nosa cidade, que estes días de confinamento están nos seus domicilios, tal e como se establece no decreto do estado de alarma, e colaboran así xunto coas súas familias nas medidas establecidas para frear a expansión do coronavirus”, asegurou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro.
Os bombeiros do Speis realizaron un vídeo no que felicitan aos nenos e nenas polo ben que o están facendo e lles encomendan unha misión que, á vista do resultado, están cumprindo con creces. Os menores, de diferentes idades, afánanse estes días na realización dos variados debuxos que se poderán ver no Facebook do Concello de Narón, donde se irán publicando a medida que vaian chegando e que se entreguen os diplomas de heroe ou heroína.
O certame permanecerá activo mentres estea en vigor o estado de alarma, polo que tal e como recordou Ferreiro, aqueles nenos e nenas que queiran recibir o diploma poden facelo aínda enviando o seu debuxo, xunto co seu nome e apelidos, á dirección de correo electrónico: speisintervencion@naron.es. “A través destes diplomas queremos agradecer tamén aos nenos e nenas a súa colaboración durante estes días de confinamento e, ao mesmo tempo, facer extensivo ese recoñecemento ás persoas que, nos diferentes colectivos, continúan traballando”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal