Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECORDA QUE OS SERVIZOS DE ENTREGA DE ALIMENTOS, MEDICACIÓN E CUBREBOCAS DEBEN SOLICITARSE A TRAVÉS DUN ÚNICO NÚMERO DE TELÉFONO MÓBIL
O teléfono 647 622 245 é a través do que se canalizan os citados servizos, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 16 de abril de 2020. O Concello mantén centralizada a atención telefónica para atender necesidades básicas da veciñanza, como alimentación e medicación, e tamén a entrega de cubrebocas, nunha liña telefónica atendida por un equipo integrado por sete persoas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que as persoas que desexen solicitar o servizo dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Narón para que lles acheguen aos seus domicilios alimentos, medicamentos ou cubrebocas deben chamar ao número de teléfono 647 622 245, e non ao número xenérico de Protección Civil de Narón, ao que algunhas persoas realizaron nos últimos días varias chamadas para solicitar este servizo. Así mesmo, a través deste servizo, recordou, tamén se sirve a domicilio a comida que se cociña no Centro Municipal de Maiores das Vivendas da Marina, que se debe encargar previamente, cun día de antelación e entre as 10.00 e as 16.00 horas, a través dos números de teléfono 671 383 596 e 671 383 575. Unha vez encargada, chamando ao teléfono habilitado para Protección Civil, o 647 622 245, entregaranlla no seu domicilio no caso de que a usuaria ou usuario do servizo non poida desprazarse para recollela nas propias instalacións. A maiores de alimentos e medicamentos, o voluntariado de Protección Civil tamén está entregando estes días cubrebocas realizados por homes e mulleres voluntarias, con material doado por empresas e particulares. Inicialmente realizáronse entregas nos establecementos que poden permanecer activos durante o estado de alarma e dende o pasado sábado tamén se reparten en diferentes establecementos de alimentación da cidade, cooperativas, seguindo un cronograma preestablecido e ata esgotar as existencias. Na xornada de mañá entregaranse nos establecementos Froiz e Mercadona da Gándara, a partir das 10.30 horas. Ofrécese tamén dende o Concello outra opción para aquelas persoas que, por non poder desprazarse ou evitar saír das súas casas, queren que llos entreguen nos seus domicilios, caso no que deben chamar tamén ao número de teléfono 647 622 245, donde recollerán os seus datos e lle indicarán unha data na que persoal de Protección Civil pasará a entregalos, tal e como explicou a alcaldesa. “Nos últimos días detectamos que algunhas persoas se dirixen ao teléfono da central de Protección Civil e queremos recalcar que eses servizos de entrega de alimentos, medicación e cubrebocas unicamente se canalizan a través do citado teléfono móbil, aínda que o traballo de entrega corre a cargo de persoal de Protección Civil”, asegurou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal