Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS DOUS ATOMIZADORES OPERATIVOS NA CIDADE DURANTE O ESTADO DE ALARMA DESINFECTARON 750 QUILÓMETROS DE VÍAS DA ZONA URBANA
OS DOUS ATOMIZADORES OPERATIVOS NA CIDADE DURANTE O ESTADO DE ALARMA DESINFECTARON 750 QUILÓMETROS DE VÍAS DA ZONA URBANA
Os traballos realizados, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, supuxeron o uso en vías e prazas de preto de 290.000 litros de solución desinfectante
Narón, 18 de abril de 2020. Os dous atomizadores operativos no Concello de Narón desinfectaron 750 quilómetros de rúas da zona urbana da cidade e tamén todas as prazas, dende que se decretou o estado de alarma. A través deste servizo, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, “atomizáronse 288.000 litros de solución desinfectante e deterxente, o que supón o final da segunda fase do proceso e retomar de novo a primeira utilizando hipoclorito, cunha dilución o máis baixa posible para que sexa efectiva á hora de desinfectar e, ao mesmo tempo, resulte inocua para os elementos de mobiliario urbano, os vehículos estacionados nas rúas e outros elementos, como portas e fiestras de metal, pinturas, etc.”.
Os dous equipos traballan en horario nocturno, percorrendo cada un deles uns 15 quilómetros diarios, e cada fase completa de limpeza por toda a zona urbana realízase con 18.000 litros de hipoclorito de sodio –unha mistura composta de auga e lexía- pulverizándoo polas vías e prazas da cidade para chegar a máis espazos e incrementar as medidas sanitarias. O Concello, tal e como indicou a rexedora local, apostou pola atomización, en lugar da pulverización, “para xerar unha cantidade mínima de escorrentías durante o proceso”, e no que respecta á zona rural, recordou, “empregamos os mesmos produtos que nas atomizacións que se levan a cabo no núcleo urbán”.
A través destes atomizadores créase unha especie de néboa que en poucos segundos deixa humectado ao seu paso mobiliario urbano, portais, varandas –elementos a maiores das rúas e beirarrúas-, por ser os máis propicios para a transmisión do virus por contacto. O tempo no que se desinfecta é moi inferior ao que levaría realizar ese mesmo traballo de xeito manual e tanto nas atomizacións como nos baldeos séguense as recomendacións das autoridades sanitarias. “No primeiro paso, coa dilución de auga e hipoclorito sódico, aplícase a porcentaxe máis baixa posible, que nos permite desinfectar sen ocasionar danos colaterais, e nos seguintes pasos empregamos deterxentes non iónicos, mellorando as instruccións de Sanidade ao utilizar produtos biodegradables aplicados en dilucións que non son perigosas para a saúde nin para o medio ambiente, tal e como consta nas homologacións dos produtos utilizados”, explicou Ferreiro.
Os traballos de desinfección complétanse na cidade cunha baldeadora que desinfecta pola zona rural e semiurbana (inmediacións das cooperativas do Val e San Mateo, beirarrúas, accesos aos centros de saúde do Val e Pedroso, zona do Feal…), un operativo de persoal que traballa na zona urbana, limpando os accesos aos establecementos abertos durante o estado de alarma, desinfeccións con sulfatadoras para chegar a espazos máis concretos en marquesinas, no mobiliario urbano, e en centros como as residencias de maiores de San Xosé, de Piñeiros, e DomusVi, do Alto, entre outros.
Ao traballo que realizan os profesionais das empresas do servizo de limpeza e da parques e xardíns, súmase o dos profesionais do Speis. “Todo este persoal realiza a diario un gran labor para garantir ás veciñas e veciños de Narón a máxima seguridade, en materia sanitaria, nas rúas e espazos públicos de Narón, así como nos centros que requiren ese servizo, como as residencias de maiores, seguindo un completo dispositivo que segue as recomendacións do Ministerio de Sanidade e que fomos incrementando a medida que se precisaba”, recalcou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal