Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UNHA LECTURA CONXUNTA DUN CONTO INFANTIL PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
O CONCELLO ORGANIZA UNHA LECTURA CONXUNTA DUN CONTO INFANTIL PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, animou ás nenas e nenos a participar nesta iniciativa enviando un vídeo da lectura á dirección de correo electrónico da Biblioteca municipal
Narón, 19 de abril de 2020. O vindeiro xoves, día 23 de abril, conmemorarase o Día Internacional do Libro, una xornada que debido ao actual estado de alarma, non se poderá celebrar como en anteriores ocasións. O Concello de Narón, co fin de implicar ás nenas e nenos e ás súas familias nesta xornada organizou unha iniciativa na que poderán participar todas as persoas que o desexen. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que a proposta consiste na lectura conxunta dun dos contos infantís de máis éxito na Biblioteca municipal, “A vaca que puxo un ovo”, de Andy Cutbill.
“Queremos que as veciñas e veciños graven un vídeo lendo esta historia e que o envíen á Biblioteca municipal, á dirección: biblioteca.central@naron.es, ata o martes, día 21, ás 12.00 horas”, explicou Ferreiro. Unha vez que se reciban os vídeos, realizarase unha composición para que cada un dos participantes saia na imaxe lendo un fragmento do citado conto e que se poderá ver nas redes sociais do Concello e da Biblioteca municipal de Narón. “Entre todas e todos faremos unha lectura conxunta para conmemorar, atendendo ás actuais circunstancias, unha xornada como o Día Internacional do Libro, que xeralmente celebrábamos cunha gran variedade de actividades e que este ano queremos tamén celebrar”, asegurou a alcaldesa.
As persoas que non dispoñan do conto, indicou Ferreiro, poden descargalo a través do seguinte enlace: bit.ly/2VjYT2g.
“Queremos animar ás nenas e nenos a celebrar con nós esta data tan especial a través desta lectura conxunta dun mesmo conto que algunhas e algúns de vós xa coñecedes e que todas e todos nós poderemos escoitar da vosa voz a través da composición que realizaremos con todos os vídeos que nos enviedes”, asegurou a alcaldesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal