Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR A TRAVÉS DA BIBLIOTECA NO CONCURSO #PORTADASDELIBROSBPN PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
O certame desenvolverase a través de Instagram e poderán participar persoas de todas as idades, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 20 de abril de 2020. O Concello de Narón organizou unha nova actividade para conmemorar este ano o Día Internacional do Libro. Trátase do concurso #PortadasdelibrosBPN, que consiste en colgar en contas particulares de Instagram unha imaxe da cuberta dun libro e unha fotografía da súa reproducción feita por cada participante cos medios dos que dispoña no seu domicilio. Así o explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que anunciou que aquelas persoas interesadas en participar deben subir as imaxes, mencionando a conta de Instagram da Biblioteca municipal -@bibliotecadenaron- e engadindo a etiqueta #PortadasdelibrosBPN a partir de hoxe e ata o vindeiro domingo, día 26. Neste certame poden participar persoas de todas as idades, se ben no caso dos menores de idade serán os pais, nais ou titores os responsables da actividade. Tan só se admitirá unha fotografía por cada persoa, polo que no caso de que se colgue máis dunha só será válida a efectos do concurso a primeira delas, tal e como se recolle nas bases. O autor ou autora da foto gañadora recibirá un premio –o fallo será o luns 27 de abril e correrá a cargo de persoal da Biblioteca de Narón- que consiste nun lote de libros. O nome da gañadora ou gañador notificarase mediante un comentario na fotografía premiada e os libros entregaranse de xeito presencial, en canto sexa posible, nas instalacións da Biblioteca municipal, na rúa 25 de xullo. As persoas interesadas en participar poden consultar as bases ao completo do certame a través do enlace: https://bit.ly/2KjjPQv. Así mesmo, Ferreiro recordou que mañá martes, ás 12.00 horas, rematará o prazo para poder participar noutra das iniciativas organizadas polo Concello para conmemorar o Día Internacional do Libro, a lectura conxunta do conto infantil “A vaca que puxo un ovo”. Neste caso, para poder participar débese enviar un vídeo lendo este conto á dirección biblioteca.central@naron.es, e unha vez recibidos todos realizarase unha composición –ou varias, en función do número de participantes- da lectura conxunta que se poderá ver a través das canles de comunicación oficiais do Concello de Narón. As persoas que non dispoñan do conto poden descargalo a través do enlace: bit.ly/2VjYT2g. “Debido á actual situación do estado de alarma resulta imposible celebrar como quixéramos esta data tan sinalada, pero tampouco queremos deixar de conmemorar o Día Internacional do Libro, polo que vos animamos a todas e todos a participar nestas propostas impulsadas dende o Concello a través da área de Bibliotecas”, asegurou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal