Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL E A POLICÍA LOCAL ENTREGARON UNS 15.000 CUBREBOCAS E MASCARILLAS NO TERMO MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o labor do persoal que traballa tanto na elaboración dos cubrebocas como no seu reparto e o de mascarillas e tamén a colaboración de empresas e particulares que doaron o material para os cubrebocas
Narón, 20 de abril de 2020. O persoal voluntario de Protección Civil e axentes da Policía Local entregaron, dende a entrada en vigor do estado de alarma, uns 15.000 cubrebocas e mascarillas de diferentes modelos –en función da dispoñibilidade- entre as veciñas e veciños da cidade. O reparto do material levouse a cabo en domicilios particulares e en varios establecementos de alimentación da zona urbana da cidade –O Alto, Freixeiro, A Gándara, Santa Icía…- e tamén na zona rural –O Val, San Mateo…-, entre usuarias e usuarios do transporte público, os traballadores e traballadoras dos polígonos industriais e nos controis por estrada. O Concello habilitou, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro, un servizo de entrega de cubrebocas a domicilio, atendido por persoal de Protección Civil e persoas que colaboran a título particular, que se pode solicitar chamando ao número de teléfono 647 622 245, dende donde hai que facilitar unha serie de datos –número de integrantes da unidade familiar, dirección…- para que Protección Civil se desprace a entregalas. Os cubrebocas realizános mulleres e homes voluntarios con material doado por empresas e particulares e a través de Protección Civil coordínase a entrega diaria do mesmo, en base á campaña municipal “Usando o cubrebocas eu protéxote, ti protéxesme”, para promover a autoprotección da veciñanza. Os cubrebocas están realizados con telas de algodón e levan incorporado un filtro de polipropileno para impermeabilizalos. Ao poder lavarse a unha temperatura de 60 graos, son de máis dun uso, tal e como recordou a alcaldesa. En materia de protección contra o coronavirus e de cumprimento das medidas indicadas polas autoridades sanitarias, os axentes da Policía Local continúan co reparto das mascarillas procedentes do Goberno central entre a cidadanía, entre as usuarias e os usuarios do servizo de transporte público, nos accesos aos polígonos industriais entre os traballadores e traballadoras e tamén polas rúas do termo municipal, nos controis que realizan-. Na xornada de hoxe, según explicou Ferreiro, comezaron co reparto dunha nova tanda de mascarillas, enviadas pola Deputación da Coruña e que ao igual que as entregadas polo Goberno central son dun único uso. “Nos vindeiros días continuaremos co reparto do material entre as nosas veciñas e veciños, co fin de proporcionarlles esas mascarillas e cubrebocas que ofrecen unhas garantías sanitarias de protección”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa destacou “o labor que están realizando tanto os voluntarios de Protección Civil como os axentes da Policía local da cidade e tamén o das persoas que doaron o material para os cubrebocas e das persoas que os están realizando nas súas casas para as nosas veciñas e veciños”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal