Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO HABILITA UN SERVIZO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA DIRIXIDO ÁS PERSOAS MAIORES DA CIDADE QUE VIVEN SOAS
O CONCELLO HABILITA UN SERVIZO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA DIRIXIDO ÁS PERSOAS MAIORES DA CIDADE QUE VIVEN SOAS
O servizo, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, ten entre os seus obxectivos interesarse polo estado de saúde dos maiores e informalos sobre os servizos e recursos dispoñibles no Concello durante o estado de alarma
Narón, 21 de abril de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou a entrada en funcionamento, onte, dun novo servizo dirixido á cidadanía para a atención telefónica a persoas maiores do termo municipal que viven soas. “Trátase dun servizo máis que dende onte estamos ofrecendo ás nosas veciñas e veciños, a partir de 75 anos, e que recibirán unha chamada de persoal do Concello para saber como se atopan e se precisan algún tipo de axuda que dende o Concello lles poidamos ofrecer”, explicou Ferreiro.
Ao longo de cada mañá, un equipo integrado por persoal funcionario do Concello encárgase de realizar as chamadas telefónicas seguindo un listado e do que forman parte as persoas maiores da zona urbana e rural maiores de 75 anos e que viven soas. “Ao contactar con estas persoas, a maiores de interesarse polo seu estado de saúde e posibles necesidades, o persoal informa á veciñanza sobre outros servizos disponibles no Concello tras decretarse o estado de alarma”, apuntou a rexedora local. Entre estes últimos están o dos voluntarios de Protección Civil que ofrecen axuda para realizar a compra de alimentos e medicamentos e levalos ao domicilio, o de comedor do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña e tamén outros como a habilitación de vales para alimentos ou a entrega de cubrebocas a domicilio.
Ferreiro explicou que este servizo de atención telefónica estará operativo mentres estea en vigor o estado de alarma e subliñou que unha das finalidades do mesmo é “ofrecer unha atención máis persoalizada a un colectivo que consideramos que nestes momentos pode precisar unha atención específica e que podemos ofrecer dende o Concello para axudarlle a cubrir as súas posibles necesidades en materia de alimentación e poñendo tamén á súa disposición equipamento sanitario que poderían precisar, como neste caso os cubrebocas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal