Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO A TRAVÉS DE VARIAS PROPOSTAS DIRIXIDAS A PERSOAS DE TODAS AS IDADES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o feito de que as actividades se deseñaron atendendo á actual situación de confinamento, para poder realizalas cos medios e recursos que poida ter a cidadanía no seu domicilio
Narón, 22 de abril de 2020. O Día do Libro conmemorarase en Narón a través de diversas actividades programadas dende o Concello. Unha delas é a lectura conxunta do conto infantil “A vaca que puxo un ovo”, de Andy Cutbill, un dos máis solicitados entre os nenos e nenas na Biblioteca municipal. Na xornada de mañá poderase ver na canle de YouTube da Biblioteca de Narón o resultado desta proposta, dous vídeos coa lectura completa protagonizada por máis dunha trintena de menores da cidade que se sumaron a esta iniciativa. Outra das propostas impulsadas dende o Concello é o certame “Portadas de libros”, aberto á participación da cidadanía en xeral. O concurso #PortadasdelibrosBPN consiste en colgar en contas particulares de Instagram unha imaxe da cuberta dun libro acompañada dunha fotografía da súa reproducción feita por cada participante cos medios dos que dispoña no seu domicilio. As persoas interesadas en participar poden facelo ata o vindeiro domingo, día 26, subindo a imaxe, mencionando a conta de Instagram da Biblioteca municipal -@bibliotecadenaron- e engadindo a etiqueta #PortadasdelibrosBPN. Só se admitirá un libro por persoa e no caso de ser menores de idade, os pais, nais ou titores/as serán os responsables da actividade. O fallo deste concurso será o vindeiro luns, día 27, e farase público na conta de Instagram da Bilbioteca, donde se notificará a través dun comentario na fotografía premiada, recibindo o seu autor ou autora un lote de libros como premio, que se entregarán persoalmente en canto sexa posible concertar unha cita presencial na Biblioteca municipal, na rúa 25 de Xullo. Finalmente, tamén atendendo á actual situación de confinamento e con motivo do Día Internacional do Libro, dende a Biblioteca municipal impúlsase outra actividade, que consiste en crear unha comunidade virtual para facer unha lista de recomendacións de libros. Para participar é preciso escribir unha mensaxe á dirección: biblioteca.central@naron.es e indicar sobre que libros se queren recibir recomendacións –sobre un xénero ou un libro en concreto-. Mañá faranse públicas esas solicitudes para que o resto de lectores e lectoras poidan realizar as súas aportacións sobre as citadas publicacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal