Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RETOMOU OS TRABALLOS DE DESBROCE POLA ZONA RURAL DO MUNICIPIO CON DOUS TRACTORES
O CONCELLO RETOMOU OS TRABALLOS DE DESBROCE POLA ZONA RURAL DO MUNICIPIO CON DOUS TRACTORES
Esta semana os tractores comezaron a traballar nas parroquias de Castro e O Couto, para desprazarse depois ao Val e San Xiao, tal e como avanzou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 27 de abril de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, informou que o Concello retomou a semana pasada os traballos de desbroce na zona rural, un labor que se paralizara tras decretarse o estado de alarma. Na actualidade, traballan a diario dous tractores, un na parroquia de Castro e outro na do Couto, que ao rematar desprazaranse ás do Val e outro pola zona do Feal cara a San Xiao, tal e como indicou Ferreiro.
“Nos últimos corenta días os desbroces estiveron paralizados debido ao estado de alarma, pero xa se están retomaron con total normalidade para manter no mellor estado de limpeza posible as vías e beiravías da zona rural, ante a próxima chegada da tempada estival e coa intención de minimizar posibles riscos de incendio, como cada ano nesas datas”, explicou Ferreiro. A alcaldesa recordou que “normalmente os tractores realizan ao longo do ano cinco pasadas de desbroce polas parroquias da zona rural e, no caso de que se detecte que sexa necesario limpar máis veces tamén se reforza o servizo nas zonas que o precisan”.
Ao longo do ano, como mínimo, os tractores municipais realizan cinco pasadas de desbroce polas pistas e beiravías de cada unha das parroquias do rural: O Val, San Mateo, Sedes, Castro, San Xiao, Pedroso e Doso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal