Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPLANTOU O ALUMEADO LED EN PRETO DUN CENTENAR DE PUNTOS DE LUZ DA PARROQUIA DE DOSO
O goberno local destinou nos últimos catro anos máis de dous millóns e medio de euros á implantación da tecnoloxía led en espazos públicos e edificios municipais, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 30 de abril de 2020. O goberno local de Narón continúa avanzando nos traballos de implantación de alumeado led no termo municipal. Nesta ocasión, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, destináronse algo máis de 16.200 euros á substitución de preto dun centenar de luminarias localizadas en diferentes viais da parroquia de Doso. En concreto, indicou Ferreiro, das 91 luminarias nas que se instalou a tecnoloxía led 50 localízanse nas marxes da estrada AC-862 e as 41 restantes en ramais pertencentes a dous cadros de alumeado público que se substituíron por completo. “Os traballos realizados permitíronnos mellorar nesta parroquia da cidade o alumeado nos lugares da Braña, Santá, Bustelo e O Carballo, entre outros, donde se poden apreciar xa as notables melloras na iluminación, grazas á implantación desta tecnoloxía led, que ofrece unha maior percepción de peóns e conductores pola cor branca cálida do led, que ofrece maiores garantías de seguridade viaria”, recalcou a alcaldesa. Ferreiro incidiu en que “estas actuacións, que levamos xa a cabo noutras parroquias e barrios da cidade, así como en edificios públicos, permítennos ademais reducir tanto os gastos no consumo derivados da rebaixa na potencia instalada como da mellora na xestión de horarios de funcionamento e axustes do nivel de iluminación, entre outros baremos”. As vantaxas de implantar a tecnoloxía led inclúen ademais o feito de que se reducen os gastos de mantemento do servizo, ao detectarse menos avarías no mesmo, e a redución da contaminación por dióxido de carbono á atmósfera, debido á baixada das emisións de CO2. “Nos últimos catro anos o goberno local destinou máis de dous millóns e medio de euros á implantación do alumeado led en viais, zonas verdes, prazas, instalacións deportivas e edificios municipais, tanto na zona urbana como no rural e continuaremos avanzando nesta liña para cumprir os obxectivos marcados pola Unión Europea para reducir este ano nun 20% as emisións á atmósfera de gases de efecto invernadoiro”, asegurou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal