Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HABILITOU UNHA PARTIDA DE 3,2 MILLÓNS DE EUROS PARA AXUDAS A EMPRESAS E DE EMERXENCIA SOCIAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que as axudas a empresas se poderán solicitar este mes e destacou o incremento da partida destinada a axuda social
Narón, 1 de maio de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou que o Concello habilitou unha partida de 3,2 millóns de euros para a liña de subvencións a empresas da cidade e tamén a ampliación das destinadas a emerxencia social. “Co fin de paliar os efectos que a crise do coronavirus está xerando tanto entre o sector empresarial da nosa cidade como dalgunhas familias máis vulnerables, habilitamos esa partida coa que dende o Concello apostamos por axudar ás persoas que nestes momentos máis o necesitan”, explicou a alcaldesa. A maior parte desa contía, en total tres millóns de euros, destinarase á liña de subvencións a microempresas, pequenas empresas e autónomos da cidade que tivesen que paralizar a súa actividade dende que se decretou o estado de alarma, o pasado 14 de marzo, ou que acrediten unhas perdas na súa facturación de polo menos o 75% neste período. Trátase dunhas axudas que tal e como avanzou Ferreiro, se poderán solicitar este mes –nunha data que se anunciará proximamente- e “que confiamos en que poidan paliar os efectos que a crise está xerando no sector e que cheguen á maior parte de afectados e afectadas posible”. As subvencións serán, en función das condicións de cada empresa, de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros e o goberno local está analizando xa a posiblidade de habilitar unha segunda convocatoria no caso de que sexa precisa. “Ao mesmo tempo que axudamos ás empresas, incrementamos tamén os fondos que actualmente destinamos a medidas para axudar ás familias máis vulnerables da nosa cidade, para as que habilitamos unha nova partida, de 200.000 euros, que se investirá en actuacións de emerxencia social”, apuntou a rexedora local. “A actual crise que estamos vivindo está repercutindo gravemente en moitas familias que precisan determinados servizos e produtos básicos que dende o Concello estamos atendendo coa maior celeridade tras decretarse o estado de alarma”, recordou Ferreiro. “As persoas son a máxima prioridade do goberno local e continuaremos impulsando todas as medidas que se consideren precisas ante esta situación para ofrecerlles a atención que requiran en cada momento”, asegurou. A alcaldesa subliñou que “os recursos e servizos do Concello de Narón están e estarán, como non pode ser doutro xeito, a disposición das nosas veciñas e veciños nestes momentos tan complicados que superaremos pouco a pouco, a medida que avance a desescalada”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal