Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECOLLE MÁIS DE 1.500 QUILOS DE ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE NO PRIMEIRO DÍA DA CAMPAÑA DE AXUDA A PERSOAS VULNERABLES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu a implicación das voluntarias e voluntarios que están traballando nesta campaña municipal
Narón, 5 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, destacou o éxito na primeira xornada da campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene impulsada polo Concello para axudar ás familias máis vulnerables dende o Centro de Recursos Solidarios de Narón. “A campaña comezou onte pola mañá e en tan só catro horas, nos catorce establecementos nos que estiveron os voluntarios e voluntarias, recolléronse máis de 1.500 quilos de produtos”, avanzou Ferreiro. As doazóns poden realizarse entre as 10.00 e as 14.00 horas e ata o vindeiro sábado, día 9, nos supermercados das cooperativas do Val (no Val e en Xuvia) e Meirás (San Mateo), nos Covirán de Xuvia e O Alto, no Dia do Ponto, xunto aos Froiz de Freixeiro, Santa Icía, A Gándara e o Centro Comercial Narón, nos Gadis da estrada de Cedeira e Santa Icía, no Familia de Santa Icía e no Eroski da Gándara. “Unhas corenta persoas voluntarias forman parte deste equipo que, coordinado por Protección Civil de Narón, nos permite levar a cabo esta campaña e recoller os produtos doados para levalos ao Centro de Recursos Solidarios de Narón e, dende alí, atender ás familias que o precisan”, destacou a alcaldesa, que agradeceu “o gran traballo que están levando a cabo os voluntarios e voluntarias e tamén a colaboración e implicación das naronesas e naroneses nesta iniciativa coa que podemos axudar ás persoas máis vulnerables”. En canto aos alimentos e produtos de hixiene que rexistran máis demanda son: os cereais, legumes e froita en conserva, café, arroz e tamén produtos de hixiene (compresas, tampóns), de limpeza (deterxentes para fregar a louza e o chan, lixivia…) e tamén toalliñas hixiénicas para bebés, entre outros. “A través desta campaña tratamos de priorizar a doazón de determinados produtos, os de maior demanda, pero as persoas que o desexen, poderán tamén entregar nos puntos habilitados outros alimentos ou produtos de hixiene que consideren”, explicou Ferreiro. O persoal voluntario está debidamente identificado nos supermercados nos que está traballando e ofrece á cidadanía a información que precise sobre esta campaña. “Dende o Concello solicitamos a todas as persoas que poidan que doen algún alimento ou produto de hixiene que se levan cada día ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, na Gándara, para entregar ás preto de duascentas familias que nestes complicados momentos están solicitando axuda”, subliñou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal