Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO MÉRCORES O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A PEQUENAS EMPRESAS E AUTÓNOMOS DA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, informou que as bases desta convocatoria están xa dispoñibles na Sede Electrónica do Concello, donde se deberán tramitar as subvencións
Narón, 6 de maio de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, anunciou que o vindeiro mércores, día 13 de maio, se abrirá o prazo para solicitar as subvecións habilitadas polo Concello para as pequenas empresas, microempresas e autónomos da cidade a través do programa “Narón Impulsa”. Esta mesma mañá trasladouse a información, así como a guía definitiva desta liña de axudas (que se pode consultar na web: www.naron.es), aos portavoces dos grupos da corporación local na xuntanza que se mantivo telemáticamente, manifestando tanto o PP como o BNG o seu respaldo a este programa. “O Boletín Oficial da Provincia publicará o vindeiro martes, día 12, esta liña de axudas, co que se poderán solicitar a través da Sede Electrónica do Concello de Narón a partir do mércores”, recalcou Ferreiro. A rexedora local subliñou que se trata “dunha aposta moi importante do goberno local á que destinamos tres millóns de euros, unha partida coa que tratamos de axudar a aquelas empresas e autónomos da nosa cidade que están padecendo os devastadores efectos da actual crise sanitaria e que se viron obrigados a cesar na súa actividade ou viron mermada considerablemente a súa facturación, en alomenos un 75%, tras decretarse o estado de alarma, a mediados do pasado mes de marzo”. Na Sede Electrónica do Concello de Narón xa se poden consultar os datos xerais e a documentación a presentar: sedeelectronica.naron.es (ou no enlace https://bit.ly/3frOzwP), sendo a través desa plataforma dende donde se deberán realizar a partir do vindeiro mércores os trámites pertinentes de cara á solicitude das citadas subvencións. O importe destas subvencións será de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros que se abonarán nun pago único. As de 2.000 euros serán para aquelas sen persoal por conta allea ao seu cargo ou ata dous traballadores/as; as de 3.000 para as que conten cun cadro de persoal de entre tres e nove traballadores/as e as do importe máximo, 4.000 euros, para aquelas cun cadro de persoal de entre dez e corenta e nove traballadores/as. As persoas que as soliciten deberán cumprir varios requisitos, como manter a actividade para a que foron subvencionadas as súas empresas ata o 31 de decembro deste ano e se teñen empregados/as, manter como mínimo a metade do persoal declarado. O Concello, que inicialmente presentou o documento á Asociación de Comerciantes Narón, Cofer, AJE Ferrolterra e Asociación de Empresarios Ferrolterra, está analizando a posibilidade de habilitar unha segunda convocatoria de subvencións, tal e como avanzou a alcaldesa. “A través desta medida, que confiamos en que tal e como está plantexada poida chegar a todas aquelas empresas e autónomos que máis están padecendo a crise sanitaria, queremos apoiar a un dos sectores claves na nosa cidade, con tres polígonos industriais e moitas pequenas empresas asentadas maioritariamente nos barrios da zona urbana e tamén nalgúns casos no núcleo rural”, destacou Ferreiro.
Descarga de archivos
Tamaño:617,69 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal