Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PUNTO LIMPO E O SERVIZO DE ATENCIÓN PARA ORGANIZAR O INICIO DA RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS
O CONCELLO REABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PUNTO LIMPO E O SERVIZO DE ATENCIÓN PARA ORGANIZAR O INICIO DA RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, apelou á colaboración cidadá para a reapertura destes servizos cumprindo con todas as garantías sanitarias e de hixiene fronte á Covid-19
Narón, 7 de maio de 2020. O Concello reabrirá o vindeiro luns, día 11 de maio, as instalacións do Punto Limpo municipal, localizadas no polígono de Río do Pozo. O servizo deixou de estar operativo tras decretarse o estado de alarma e reabrirá as súas portas para que poidan acudir novamente as veciñas e veciños, tal e como anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro. Así mesmo, a rexedora local avanzou que tamén se retomará o servizo de recollida de enseres a partir da vindeira semana, cando se poderá comezar a chamar, tamén dende o luns, para organizar esas recollidas.
No caso do Punto Limpo de Río do Pozo, manterá o horario de apertura habitual, de luns a venres de 9.00 a 13.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 e os sábados de 9.00 a 14.00. Escombro, electrodomésticos, chatarra, mobiliario, madeira, plásticos e moitos outros residuos son algúns dos que se poden depositar nas citadas instalacións. No momento da recepción dos residuos seguiranse os protocolos establecidos pola Covid-19 en materia de seguridade e sanidade, tanto por parte do persoal das instalacións como dos usuarios e usuarias das mesmas.
No que respecta á recollida de voluminosos, Ferreiro explicou que para dispoñer do servizo haberá que chamar ao número de teléfono 981 391 074, donde recollerán dende o día 11 os datos para pasar a recoller os enseres a partir do día 19 deste mes. “Neste caso é moi importante que a xente non baixe ningún voluminoso á rúa, porque debemos continuar sendo moi coidadosos coas medidas sanitarias e de hixiene contra o coronavirus”, asegurou a alcaldesa. Sobre o funcionamento deste servizo indicou que “dende o luns o persoal do servizo comezará a coller as chamadas para organizar a recollida que se iniciará o día 19, dispoñendo así duns días para ir organizando o traballo a realizar”. A recollida dos voluminosos realizarase progresivamente, polo que dende o Concello solicitouse á cidadanía “a máxima colaboración porque hai algo máis dun mes e medio que non se presta o servizo e temos que comprender que se irán recollendo os voluminosos a medida que avance o servizo, seguindo a orde establecida polo persoal en función de cando vaian recibindo as chamadas demandando esa recollida”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal