Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DIA DO LIBRO
A Biblioteca Municipal do Alto estrea un novo espazo de lectura infantil
Narón, 21 de Abril de 2009.- A Concellería de Ensino e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Manuela Pérez Sequeiros, presentou hoxe o “Programa de Animación á Lectura” deseñado co galo da celebración do Día do Libro, o vindeiro 23 de Abril. O programa extenderase ó longo dos vindeiros meses, e participarán no mesmo un total de 1.500 alumnos e 64 mestres dos seguintes centros escolares: CEIP A Gándara, CEIP Virxe do Mar, CPRA Ayala, CEIP A Solaina, CRA de Narón, CPI O Feal, CEIP Ponte de Xuvia, Colexio Santiago Apóstol, Colexio Jorge Juan, CEIP Piñeiros, IES As Telleiras, e IES Terra de Trasancos. O programa de animación á lectura se desenvolve dende hai máis de 15 anos nos Centros Educativos de Narón, e nesta edición se articula en 4 áreas: 1.-Divulgación dos usos da Biblioteca Municipal, como espazo axeitado para a lectura e a información. Para elo se organizarán visitas guiadas pola Bibliotecaria Municipal e Auxiliares de Biblioteca, ademais de exposicións e obradoiros, nos que se realizarán diferentes actividades. . 2.- Talleres de motivación á lectura nos colexios –entre o 15 de Abril e o 19 de Maio- e nas bibliotecas municipais –dende Abril ata Decembro-. 3.- Presenza de educadores especializados en técnicas de animación á lectura para reforzar o labor dos mestres. 4.- Entrega de lotes de libros específicos ós colexios, durante o curso 2009-2010, de lectura recomendada polos mesmos. Deste xeito se facilita o acceso gratuito de alumnas/os a estes textos Todas estas actividades están dirixidas a alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, 1º de ESO e Bacharelato, comprendidos entre os 3 e os 13 anos de idade. Ademáis de presentar o Programa de Animación á Lectura, a Edil de Bibliotecas estrenou hoxe un novo espazo de lectura infantil, habilitado na pranta baixa da Biblioteca Municipal e pensado para facilitar a lectura a nenos e nenas, poñendo ó seu alcance os mellores volúmenes. Compretan esta estancia unha serie de estanterías móviles, mesas e cadeiras con cores atractivos e liñas redondeadas. A Biblioteca Central dispón actualmente de 32.420 fondos bibliográficos rexistrados na sua base de datos, dos cales o 30% corresponde a libros de infantil e xuvenil. Este espazo público de lectura abre de luns a sábado de 10 a 13 horas, e polas tardes de 16 a 22 horas, de luns a venres.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal