Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APLICARÁ UN PLAN ESPECIAL DE DESINFECCION DE CENTROS ESCOLARES
O plan iniciarase o luns día 11 con motivo da reapertura para tramitar matriculacións e levarao a cabo persoal do Speis, que reforzará aos servizos de limpeza dos centros, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 8 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a posta en marcha, a partir do vindeiro luns, dun Plan especial de desinfección de centros de ensino que contribuirá a reforzar os traballos que realiza o persoal do servizo de limpeza de cada un dos centros. A iniciativa levarase a cabo coincidindo co restablecemento, por parte da Consellería de Educación, do proceso de matriculación do alumnado, que terá lugar o vindeiro luns, día 11. “Persoal do Speis será o encargado de realizar estes traballos de reforzon da desinfección, contando tamén cun atomizador, co fin de que as instalacións, tanto no exterior como no interior, reúnan todas as garantías sanitarias tanto para o persoal dos centros como das familias que se acheguen para realizar os trámites de matriculación”, asegurou Ferreiro. O Plan especial de desinfección levarase a cabo tanto nos colexios públicos como concertados e nos dous insitutos da cidade, ao reabrirse o período para presentar as solicitudes de admisión en segundo ciclo de Infantil, Primaria, ESO, e Bacharelato. O labor dos profesionais do Speis consistirá, tal e como explicou a rexedora local, “en desinfectar tanto o espazo exterior das instalacións como todo o tramo do interior dos colexios que terán que percorrer as persoas que vaian a realizar os trámites”. Os traballos de desinfección comezarán o vindeiro luns e desenvolveranse mentres está habiltiado o prazo para a tramitación das matrículas do alumnado. “Na fase I da desescalada xa se permite abrir os centros para a súa desinfección e acondicionamento, que nesta ocasión coincidirá o día 11, xornada na que se retoma o traballo administrativo do proceso de matriculación para o curso 2020-2021”, apuntou a alcaldesa. Así mesmo, durante este prazo tamén se entregarán cubrebocas nos centros para que se distribúan entre os pais e nais que se despracen aos colexios e que os precisen. “Repartiremos o luns os primeiros lotes de cubrebocas realizados por persoal voluntario con material doado por particulares e empresas e no caso de que se esgoten e que así nolo comuniquen enviaremos máis lotes ao centro para que ninguén quede sen eles”, apuntou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal