Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA RETOMARÁ A SÚA ACTIVIDADE O VINDEIRO LUNS CON NOVOS REQUISITOS SOBRE O FUNCIONAMENTO DOS SEUS SERVIZOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que se adoptaron unha serie de medidas de seguridade para os servizos de préstamo de material e devolucións
Narón, 8 de maio de 2020. As instalacións da Biblioteca municipal retomarán a súa actividade o vindeiro luns, día 11, atendendo a unha serie de medidas de seguridade e hixiene para a prevención da Covid-19. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, solicitou a “máxima colaboración da cidadanía para que cumpra os requisitos establecidos para os servizos de devolución e préstamo e así poder evitar posibles casos de contaxio por coronavirus e retomar pouco a pouco a normalidade no funcionamento de cada un dos servizos”. A rexedora local e a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, desprazáronse hoxe ás instalacións, donde xa se instalaron as correspondentes medidas de seguridade de cara á reapertura do centro. En canto ao correspondente a préstamo de material da Biblioteca, recordouse que o prazo de devolución ampliouse ata o 11 de xuño, co que os usuarios e usuarias disporán de máis tempo para poder realizar os trámites de forma escalonada. Aquelas persoas que queiran devolver material prestado deben deixalo no buzón de devolucións localizado na porta principal das instalacións, independentemente da sección da que sexa (xuvenil, adultos, infantil ou bebeteca). O buzón está dispoñible as 24 horas do día, o que ofrece unha maior flexibilidade para as entregas, e ao final de cada xornada, de mañá e tarde, realizaranse as devolucións de xeito conxunto. Naqueles casos nos que o usuario ou usuaria desexe levar novos materiais en préstamo será preciso realizar as devolucións ao momento para que o sistema permita realizar o trámite. Para a sección de xuvenil e adultos as devolucións realizaranse no mostrador pequeno da entrada, á dereita, donde permanecerán os materiais en corentena para minimizar o posible risco de contaxio. O material da sección infantil e bebeteca debe entregarse tamén na entrada da sala de adultos/as para evitar levalo á sala infantil ata pasado o tempo pertinente de corentena. Os usuarios e usuarias deben evitar tocar o material disponible na primeira e segunda planta (hai que pedirllo ao persoal) e o de libre acceso recoméndase que no caso de levalo aos domicilios se deixe sen tocar durante 72 horas, como medida de prevención. En canto ao acceso, como regra xeral, todas as persoas que acudan á Biblioteca deberán desinfectar obrigatoriamente as mans ou luvas, no caso de levalas, antes de entrar á sala, tendo á súa disposición xel hidroalcohólico ao acceder ao centro. Así mesmo, recoméndase levar posto cubrebocas, gardar a distancia de seguridade, non levar máis que o material preciso (evitar bolsas, paraugas…) e non acudir con máis dun menor nin en grupos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal